As selvas tropicais da Conca do Congo conforman a segunda meirande superficie de bosque tropical despois da Amazonía, abranguendo máis de 172 millóns de hectáreas. Son vitais para a supervivencia dos nosos parentes biolóxicos máis próximos: gorilas, chimpancés e bonobos.
Unicamente o
8,5 %
das selvas virxes da Conca do Congo están protexidas
Están concedidos
50 millóns
de hectáreas de bosque para a extracción de madeira
Un
8 %
de todo o carbono forestal acumulado nos bosques do planeta está nestas selvas
Un trabajador de la industria maderera sujeta un hacha sobre troncos de madera de Mukula Vista aérea de un bosque de turberas en República Democrática del Congo Trabajadores del transporte cargan madera de palo de sangre en camiones.

O problema

As selvas que tapizan a extensa conca do río Congo, no corazón da África ecuatorial, forman a segunda rexión tropical en tamaño despois da Amazonía. Exténdese ao longo de Camerún, República Centroafricana, Congo Brazzaville, República Democrática do Congo, Guinea Ecuatorial e Gabón. Na República Democrática do Congo, o bosque é o fogar de máis de 1.000 especies de paxaros, máis de 400 especies de mamíferos e 10.000 especies vexetais, moitas das cales non se atopan en ningún outro lugar da Terra.

As selvas da conca do río Congo acumulan o 8 % de todo o carbono almacenado nos bosques do planeta, o que as converte no meirande almacén de carbono de África e o cuarto do mundo. Porén, cerca do 85 % deste bosque primario destruíuse, e a industria madeireira ameaza o resto. As estimacións de deforestación para África central para 2050 auguran que, só na República Democrática do Congo, liberaranse 34.400 millóns de toneladas de CO2.

Decenas de millóns de persoas dependen do bosque para a súa supervivencia. Só na República Democrática do Congo viven 40 millóns de persoas que dependen destes bosques. Nesta parte do mundo, culturas enteiras viven directamente do bosque para o seu refuxio, saúde, comida e supervivencia cultural e espiritual.

Xunto coa expansión da agricultura, a talla industrial de madeira é o principal factor de degradación e deforestación das selvas africanas. Segundo unha investigación publicada en 2013, no período 2000-2010 a fragmentación e a talla selectiva foron as principais causas da degradación dos bosques primarios da República Democrática do Congo, representando o 91 % dos bosques primarios degradados. A taxa de degradación forestal neste período foi 3,8 veces superior dentro das concesións forestais con respecto a fóra delas. Dadas as altas taxas de degradación forestal observadas, estímase que a degradación dos bosques intactos podería aumentar ata dúas veces durante a próxima década.

Unha gran parte da explotación forestal en África realízase de xeito ilegal. En demasiadas ocasións, a actividade forestal neste continente prodúcese nun contexto de incumprimento de leis, falsificación de documentos e branqueo de madeira, conflitos bélicos, corrupción e violación de dereitos humanos.

En toda a África Central, as concesións forestais outorgadas á industria madeireira abranguen uns 50 millóns de hectáreas de selva tropical, un área do tamaño de España.

Bebé de gorila de montaña (de aproximadamente un año) en el Parque Nacional Virunga, en el Congo Niños juegan en un poblado de República Democrática del Congo

A solución

Malia a gran variedade de ameazas que destrúen os bosques primarios, aínda hai tempo de reacción, pero é urxente tomar certas medidas para poder salvalos:

  • Protexer as selvas tropicais intactas a través da declaración destas zonas como áreas protexidas, do cumprimento dos compromisos adquiridos nos acordos multilaterais e dunha mellor gobernación mundial que dea prioridade á conservación da biodiversidade e aos dereitos dos pobos indíxenas.
  • As empresas importadoras de madeira deben cumprir a lexislación que prohibe importar madeira ilegal mediante rigorosos sistemas de avaliación dos seus provedores de madeira.
  • A Comisión Europea debe tomar medidas legais contra os Estados que, como España, non están a facer cumprir a lexislación que obriga a evitar a importación de madeira ilegal á UE.
  • As administracións, a través da contratación pública, deben asegurar, a través dos procesos de contratación pública de obras, subministros e servizos, que o diñeiro público non se emprega para comprar produtos fabricados con madeira ilegal nin procedentes da violación de dereitos humanos.
  • A cidadanía debe adoptar estilos de vida e consumo sostíbeis, esixindo madeira local e certificada polo FSC para evitar mercar madeira procedente da destrución.

Que está a facer Greenpeace

Investigamos a degradación e destrución dos bosques en África, en especial daquelas zonas virxes consideradas paisaxes forestais intactas, e realizamos campañas para evitalo.

Documentamos os casos de talla ilegal e investigamos a viaxe desta madeira dende a selva ata os países importadores, denunciando as empresas implicadas ante as administracións públicas.

Esiximos ao Goberno español a plena aplicación do Regulamento da Madeira, que esixe ás empresas que avalíen as súas cadeas de subministro para evitaren que a madeira cortada ilegalmente entre na Unión Europea. E facemos presión sobre a Comisión Europea para que tome medidas legais contra os Estados membros que están a incumprir esta lexislación.

A través da análise de imaxes de satélite, e xunto con outras ONG e institucións científicas, elaboramos mapas das paisaxes forestais intactas de África e o resto do planeta, vemos a súa evolución e publicamos artigos científicos para a divulgación do valor destes interesantes ecosistemas. Podes ver máis información na web Intact Forest Landscapes.