A vida na Terra depende directamente dos océanos. Precisamos un Tratado Global dos Océanos que os protexa da actividade humana e do cambio climático.

Menos dun
3 %
dos océanos están protexidos.
Os océanos absorberon e almacenaron aproximadamente un
38 %
do CO2 xerado pola humanidade.
E absorberon tamén máis do
93%
da calor extra producida polo ser humano dende os anos 70.

O problema

Os beneficios que os océanos nos brindan no noso día a día son innumerábeis: inflúen nos fenómenos meteorolóxicos máis importantes, regulan o clima, producen o osíxeno que respiramos e son o fogar de baleas, quenllas, tartarugas e outras especies.

A pesca insostíbel e ilegal, a minería submarina, o tráfico marítimo, a contaminación e os efectos do cambio climático levan décadas ameazando profundamente o noso medio mariño. A riqueza do fondo mariño, os seus ecosistemas e a biodiversidade que acollen están en risco. Moitos organismos, como os corais, o plancto e os crustáceos, son moi sensíbeis aos efectos da acidificación do océano, que, unida ao quecemento global, pode levar a impactos irreversíbeis sobre todas as especies, entre elas a humana.

Un 90 % das poboacións de peixes avaliadas no Mediterráneo están sobreexplotadas. Un 58 % das poboacións mundiais están plenamente explotadas. Ademais, no territorio español primou a urbanización do litoral no canto de protexer os ecosistemas costeiros. España ten protexido só un 8 % das súas augas e, sen implantación real das políticas de xestión pesqueira ou costeira, a degradación dos nosos mares é imparábel.

Ademais, os nosos fondos mariños atópanse ameazados por unha nova industria moi destrutiva, a minaría submarina. Algunhas grandes empresas do norte global, co respaldo de certos gobernos, queren explotar os fondos mariños en augas internacionais e extraer así metais utilizados na elaboración de dispositivos electrónicos e baterías, obtendo un beneficio económico a costa do planeta. A Autoridade Internacional dos Fondos Mariños (ISA, polas súas siglas en inglés) é a encargada de preservar os fondos mariños internacionais e controlar todas as actividades relacionadas cos minerais. Necesitamos que a ISA non autorice o inicio desta industria, xa que se producirían efectos catastróficos sobre:

  • Os fondos mariños, xa que a maquinaria destruirá todo ao seu paso.
  • As baleas, porque se verían afectadas polo ruído xerado polas máquinas.
  • O cambio climático, xa que os fondos mariños contribúen a regular o clima da Terra ao ser a meirande reserva mundial de carbono. Sen estes sumidoiros de carbono, o cambio climático xa viría de facer inhabitábel o noso planeta.
  • As especies mariñas que habitan as profundidades mariñas, sobre as que sabemos moi pouco e que poderían desaparecer.
  • As poboacións locais, que dependen do peixe como única fonte de proteína.

ASINA E DI NON Á MINARÍA SUBMARINA

A solución

Precisamos impedir que a Autoridade Internacional dos Fondos Mariños dea luz verde á minaría submarina. Agora que conseguimos un Tratado Global dos Océanos co que todas as nacións se comprometan a protexer cando menos un 30 % das augas internacionais dos nosos océanos para 2030, sería un paso atrás permitir o inicio desta industria destrutiva.

Conservar e utilizar de xeito sostíbel os océanos, os mares e os recursos mariños significa salvagardar os caladoiros de pesca, conservar especies únicas, preservar os ecosistemas máis vulnerábeis e, ademais, ser capaces de responder á crise climática, a presenza de plásticos e outras actividades humanas nos océanos. E o xeito máis efectivo de facelo é a través dunha rede de santuarios mariños e impedindo a destrución dos fondos mariños, xa que son os nosos aliados contra a crise climática..

Hai varios tratados e organizacións que son responsábeis de xestionar a alta mar, pero principalmente para extraer e explotar, non para protexela. E agora temos a oportunidade de cambiar esta tendencia grazas ao Tratado Global dos Océanos, xa que será posíbel unha gran rede de santuarios a través dos océanos do mundo, protexendo polo menos un 30 % deles para 2030 e salvagardando así a visa silvestre que vive en augas inernacionais de todas as formas de explotación industrial, incluída a minaría submarina, para crear unha protección ecoloxicamente coherente e representativa en todas as augas internacionais. E lembra que ti tamén podes colaborar asinando a petición.

Ángel del mar Medusa escifozoo

Que está a facer Greenpeace

Nun momento tan decisivo para o futuro dos océanos, a súa biodiversidade e toda a vida que depende deles, en Greenpeace urximos os gobernos a que obteñan unha moratoria ante a ISA para non autorizar o inicio da minaría submarina, protexendo así os fondos mariños das augas internacionais.

O noso principal obxectivo é lograr uns océanos e mares saudábeis, coas poboacións de peixes recuperadas, ecosistemas mariños ben conservados e con comunidades pesqueiras sustentábeis que poidan vivir da pesca sostíbel.

A saúde dos océanos e mares tamén pasa por desterrar o urbanismo ilegal costeiro, a mala xestión da contaminación, do tráfico marítimo e a presión sobre o litoral e concretar ferramentas que permitan previr e facer fronte aos efectos do cambio climático e da acidificación oceánica.

España ten moito traballo pendente neste sentido. Por iso, traballamos no control da contaminación e da urbanización na costa, na implantación das políticas pesqueiras sostíbeis e na protección dos ecosistemas mariños e a súa biodiversidade.

Que podes facer ti

Asina para impedir a minaría submarina! Como xa che contamos, os fondos mariños e o futuro da humanidade están en perigo.

Actúa co teu consumo! Adoptar un modelo de consumo sostíbel cos océanos é unha das mellores formas de protexelos. Se comes peixe, propoñémosche aquí algúns consellos para te asegurares de que a túa cesta da compra é respectuosa co medio mariño. Tamén é importante reducir o uso de plásticos, xa que a meirande parte deles acaba no mar. Aquí dámosche algunhas ideas para facelo.

Súmate a Greenpeace! Forma parte da nosa organización para esixir a gobernos e empresas que adopten medidas para protexer os nosos océanos. Onde unha persoa non chega, un colectivo si. Preme aquí para te unires a Greenpeace!