{"id":5053,"date":"2019-06-10T13:53:47","date_gmt":"2019-06-10T11:53:47","guid":{"rendered":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?page_id=5053"},"modified":"2022-01-19T15:06:58","modified_gmt":"2022-01-19T13:06:58","slug":"ganaderia-industrial-10-razones-para-rechazarla","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/trabajamos-en\/agricultura\/ganaderia-industrial-10-razones-para-rechazarla\/","title":{"rendered":"Gander\u00eda industrial: 10 raz\u00f3ns para rexeitala"},"content":{"rendered":"
O modelo de gandar\u00eda industrial s\u00f3 pon na balanza os beneficios econ\u00f3micos inmediatos, sen considerar os efectos a longo prazo sobre as persoas, a sa\u00fade p\u00fablica, o medio ambiente ou o benestar animal.<\/h5>\n

Malia que moitas veces se anuncian como a s\u00faa salvaci\u00f3n, as macrogranxas<\/a> <\/strong>asfixian o medio rural porque a longo prazo destr\u00faen emprego local e favorecen a despoboaci\u00f3n. Ademais, o seu impacto ambiental \u00e9 elevado.<\/p>\n

Estas son as dez ameazas m\u00e1is importantes da gandar\u00eda industrial:<\/p>\n

\n
\n
\n
\n
\n
\n
#1<\/h6>\n
Quecemento global<\/b><\/h5>\n

A gandar\u00eda \u00e9 respons\u00e1bel dun 14,5 % da emisi\u00f3n mundial de gases de efecto invernadoiro.<\/strong> En Espa\u00f1a, segundo os \u00faltimos datos publicados<\/a>, o sector agr\u00edcola emite xa un 14,1 % das emisi\u00f3ns totais e foi case o \u00fanico que en 2020 non diminu\u00edu as s\u00faas emisi\u00f3ns, sendo a gandar\u00eda a respons\u00e1bel do 65 % destas emisi\u00f3ns. Segundo o Rexistro Estatal de Emisi\u00f3ns e Fontes Contaminantes<\/strong>, a gandar\u00eda industrial de porcino en Espa\u00f1a \u00e9 a respons\u00e1bel do 34 % das emisi\u00f3ns de metano<\/strong>, un gas de efecto invernadoiro m\u00e1is potente c\u00f3 CO2<\/strong>. Curiosamente, o vac\u00fan industrial est\u00e1 exento de declarar as s\u00faas emisi\u00f3ns de metano.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#2<\/h6>\n
Perda de diversidade biol\u00f3xica e contaminaci\u00f3n da auga<\/b><\/h5>\n

A inxente cantidade de pensos e pastos necesarios para alimentar a produci\u00f3n industrial de carne<\/strong> son un dos principais factores de deforestaci\u00f3n mundial<\/strong><\/a> e de cambio de usos do terreo. Un 80 % da superficie agr\u00edcola mundial<\/strong> xa se destina a producir alimentos para animais en troques de para consumo humano directo. Por outra banda, a sobrefertilizaci\u00f3n<\/strong> na agricultura industrial leva mesmo \u00e1 aparici\u00f3n de \u201czonas mortas\u201d nos oc\u00e9anos e \u00e1 contaminaci\u00f3n dos acu\u00edferos; por este motivo, a Comisi\u00f3n Europea<\/strong> abriu un procedemento de infracci\u00f3n contra Espa\u00f1a. Moitos pobos mesmo fican sen auga pot\u00e1bel por este motivo. A isto haber\u00eda que engadir os praguicidas e fertilizantes qu\u00edmicos<\/strong> que se utilizan para producir os pensos.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#3<\/h6>\n
Emisi\u00f3ns de amon\u00edaco<\/b><\/h5>\n

A gandar\u00eda industrial \u00e9 a principal e case \u00fanica emisora de amon\u00edaco en Espa\u00f1a e na UE. En Espa\u00f1a, o 94 % das emisi\u00f3ns de amon\u00edaco son xeradas pola gandar\u00eda industrial<\/strong>, o 73 % polo porcino industrial e o 21 % polo sector av\u00edcola. Espa\u00f1a v\u00e9n incumprindo o limiar de emisi\u00f3ns de amon\u00edaco<\/strong> dende que se estableceu en 2010.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#4<\/h6>\n
Impacto paisax\u00edstico e destruci\u00f3n de h\u00e1bitats
\n<\/b><\/h5>\n

As macrogranxas<\/strong> implican unha ocupaci\u00f3n territorial importante. Ademais das instalaci\u00f3ns, en Espa\u00f1a o 66 % da superficie cultivada xa se destina a producir alimentos para animais<\/strong>, non para persoas. Como exemplo, as instalaci\u00f3ns da macrogranxa proxectada en Noviercas <\/a><\/strong>(Soria), onde se pretenden explotar 23.520 vacas<\/strong> para producir leite, ocupar\u00edan o equivalente a 120 campos de f\u00fatbol aproximadamente. De se facer, esta ser\u00eda a meirande macrogranxa de vacas<\/strong> de Europa e estar\u00eda entre as cinco meirandes do mundo.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#5<\/h6>\n
Impacto na nosa sa\u00fade
\n<\/b><\/h5>\n

O excesivo consumo de carne est\u00e1 asociado co sobrepeso, obesidade, c\u00e1ncer, diabetes tipo II e doenzas cardiovasculares. \u00c9 fundamental adoptar unha dieta de sa\u00fade planetaria<\/strong><\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#6<\/h6>\n
Resistencia aos antibi\u00f3ticos
\n<\/b><\/h5>\n
A gandar\u00eda industrial<\/strong> \u00e9 a principal consumidora de antibi\u00f3ticos no mundo e Espa\u00f1a \u00e9 o pa\u00eds de Europa onde m\u00e1is se utilizan neste sector. O uso masivo de antibi\u00f3ticos na gandar\u00eda industrial contrib\u00fae significativamente \u00e1 perda de eficiencia destes medicamentos. Segundo a OMS, a resistencia a antibi\u00f3ticos poder\u00eda provocar m\u00e1is mortes que o c\u00e1ncer en 2050<\/strong>.<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n
\n
\n
\n
\n
7<\/h6>\n
Seguridade alimentaria e pandemias<\/b><\/h5>\n

As grandes e recentes crises de seguridade alimentaria no mundo ve\u00f1en da man da gandar\u00eda industrial<\/strong>: vacas tolas, gripe aviar, gripe porcina, salmonela, listeria\u2026 Por outra banda, pandemias como a da COVID19 <\/strong>est\u00e1n intimamente relacionadas coa destruci\u00f3n dos h\u00e1bitats<\/strong>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#8<\/h6>\n
Sufrimento animal<\/b><\/h5>\n

Na gandar\u00eda industrial, os animais son tratados coma m\u00e1quinas de producir cartos. As condici\u00f3ns nas que viven quedan relegadas ao beneficio econ\u00f3mico. En Espa\u00f1a, en 2020 sacrific\u00e1ronse m\u00e1is de 910 mill\u00f3ns de animais para consumo humano, 1.700 cada minuto.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#9<\/h6>\n
Escaseza de auga<\/b><\/h5>\n

A agricultura industrial usa enormes cantidades de auga<\/strong>, e gran parte dest\u00ednase a producir alimentos para animais. En Espa\u00f1a, Greenpeace estimou que a gandar\u00eda utiliza nun ano o equivalente ao consumo de todos os fogares en 21 anos. Un exemplo: a macrogranxa de Caparroso<\/strong>, denunciada reiteradamente por Greenpeace<\/strong>, ademais de estar a contaminar os acu\u00edferos coa ampliaci\u00f3n para explotar 7.200 vacas<\/strong>, consumir\u00e1 tanta auga coma todas as persoas dos pobos m\u00e1is pr\u00f3ximos: Caparroso, Marcilla e Villafranca.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n

\n
\n
\n
\n
#10<\/h6>\n
Perda de empregos e m\u00e1is concentraci\u00f3n no sector<\/b><\/h5>\n

Unha macrogranxa <\/strong>xera menos emprego c\u00e1 gandar\u00eda extensiva e ecol\u00f3xica<\/strong><\/a>, pois todo est\u00e1 moito m\u00e1is automatizado. Ademais, sup\u00f3n unha ameaza para as pequenas e medianas granxas da zona. En Espa\u00f1a, entre 2004 e 2016, reduciuse nun 27 % o n\u00famero total de explotaci\u00f3ns agr\u00edcolas<\/strong>, desaparecendo totalmente as granxas m\u00e1is pequenas e increment\u00e1ndose nun 96 % o n\u00famero das m\u00e1is grandes (cunha produci\u00f3n econ\u00f3mica de 500.000\u20ac ou m\u00e1is).<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"

O modelo de gandar\u00eda industrial s\u00f3 pon na balanza os beneficios econ\u00f3micos inmediatos, sen considerar os efectos a longo prazo sobre as persoas, a sa\u00fade p\u00fablica, o medio ambiente ou o benestar animal. Malia que moitas veces se anuncian como a s\u00faa salvaci\u00f3n, as macrogranxas asfixian o medio rural porque a longo prazo destr\u00faen emprego […]<\/p>\n","protected":false},"author":44,"featured_media":2889,"parent":406,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"template-generic-acf.php","meta":{"footnotes":""},"categories":[38],"tags":[],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/5053"}],"collection":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/44"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5053"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/5053\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5980,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/5053\/revisions\/5980"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/406"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2889"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}