{"id":5219,"date":"2020-02-28T14:13:03","date_gmt":"2020-02-28T12:13:03","guid":{"rendered":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?post_type=post_documents&p=5219"},"modified":"2020-02-28T14:43:38","modified_gmt":"2020-02-28T12:43:38","slug":"manifesto-en-apoio-ao-movemento-ecoloxista-da-limia","status":"publish","type":"post_documents","link":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/sala-de-prensa\/documentos\/manifesto-en-apoio-ao-movemento-ecoloxista-da-limia\/","title":{"rendered":"MANIFESTO EN APOIO AO MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA"},"content":{"rendered":"

O vindeiro d\u00eda 2 de marzo ter\u00e1 lugar no xulgado de Xinzo de Limia o acto de conciliaci\u00f3n previo \u00e1 demanda civil de COREN contra o compa\u00f1eiro do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia), Manuel Garc\u00eda. A causa ten a s\u00faa orixe nunha suposta intromisi\u00f3n ilex\u00edtima no dereito ao honor de dita empresa, por facer \u201cimputaci\u00f3ns falsas\u201d contra ela nun programa de \u201cEspa\u00f1a Directo\u201d emitido en setembro do pasado ano. A empresa estima os danos e prexu\u00edzos nun mill\u00f3n de euros. O MEL leva anos denunciando os efectos da gandar\u00eda intensiva no val do Limia, a mala xesti\u00f3n dos residuos das granxas, o deterioro das augas pola acumulaci\u00f3n de nitratos e a eutrofizaci\u00f3n das augas; e loitando pola protecci\u00f3n da comarca, a produci\u00f3n agr\u00edcola ecol\u00f3xica e a gandar\u00eda extensiva. Os colectivos que asinamos este manifesto queremos mostrar a nosa solidariedade co compa\u00f1eiro do MEL, ao tempo que a nosa sorpresa porque se admita a tr\u00e1mite semellante desprop\u00f3sito. Parece obvio que, con este tipo de actuaci\u00f3ns, o sector da gandar\u00eda intensiva pretende pechar a boca a quen nos opo\u00f1emos a este modelo industrial e dicimos en voz alta o que pensamos das s\u00faas pr\u00e1cticas. A gandar\u00eda industrial ten repercusi\u00f3ns ambientais innegables, especialmente sobre a auga e sobre os solos. A cantidade de xurros e residuos xerada por este tipo de industria \u00e9 un grave problema para as zonas m\u00e1is afectadas. Esta industria \u00e9 responsable dunha parte importante das emisi\u00f3ns mundiais de gases de efecto invernadoiro. Ademais, as grandes extensi\u00f3ns de cultivos destinadas a producir os alimentos para os animais criados de xeito intensivo provocan a deforestaci\u00f3n de enormes extensi\u00f3ns no noso planeta. En Galiza hai zonas, como a Limia, onde as consecuencias destas pr\u00e1cticas supo\u00f1en un problema cada vez maior. O val do Limia absorbe cada ano m\u00e1is de un mill\u00f3n de toneladas de residuos gandeiros, residuos que en moitas ocasi\u00f3ns non son sometidos a ning\u00fan tipo de tratamento previo; e que son vertidos mesmo en espazos protexidos, nas inmediaci\u00f3ns de cursos de auga, en balsas sen impermeabilizar, pasando as\u00ed ao solo e contaminando este e os acu\u00edferos.<\/p>\n

A gravidade da situaci\u00f3n fixo xurdir novos colectivos que a denuncian, como a Plataforma Auga limpa xa. \u00c9 por este tipo de cousas que o Ministerio para a Transici\u00f3n Ecol\u00f3xica v\u00e9n de tirar das orellas \u00e1 Conseller\u00eda de Medio Rural, indic\u00e1ndolles, mediante resoluci\u00f3n, a necesidade de declarar como zona vulnerable a Limia. A resposta da Xunta de Galicia non foi, como ser\u00eda de esperar, a adopci\u00f3n de medidas de protecci\u00f3n para a zona, sen\u00f3n a presentaci\u00f3n de alegaci\u00f3ns a esa resoluci\u00f3n. Deste xeito, a Xunta defende os intereses das grandes empresas do sector, a\u00ednda que sexa a costa de desprotexer o medio ambiente, as\u00ed como os intereses dos pequenos agricultores ou os da gandar\u00eda en extensivo. Non \u00e9 a primeira vez que en Galiza a industria gandeira intenta tapar a boca a quen denuncian as s\u00faas malas pr\u00e1cticas. Xa anteriormente houbo activistas que recibiron ameazas de demanda, a\u00ednda que ata agora nunca chegaran ao xulgado. Consideramos moi grave o axuizamento do noso compa\u00f1eiro, un axuizamento que non \u00e9 outra cousa que utilizar a Manuel como cabeza de turco para tratar de intimidar a quen se atreva a falar. Non pode ser que cando denunciamos pr\u00e1cticas agresivas para o medio ambiente sexamos n\u00f3s quen sente no banquillo. Non pode ser que se sinalamos desfeitas queiran cortar o dedo que sinala, en lugar de frear esas desfeitas. Non imos deixar que nos po\u00f1an a mordaza. Seguiremos denunciando as malas pr\u00e1cticas da gandar\u00eda industrial, e loitando por unha produci\u00f3n de alimentos racional e sustentable. #Non\u00c1Gandar\u00edaIndustrial #NonNosVanCalar<\/p>\n

Asinan este manifesto: 1.A R\u00eda Non Se Vende, rede de colectivos.
\n2.A Terra Non Se Vende.
\n3.ADEGA.
\n4.ADENCO.
\n5.Agora Galiza-Unidade Popular.
\n6.Amigos da Terra.
\n7.Amigos das Arbores de Ourense.
\n8.Anova.
\n9.Asociaci\u00f3n Ambiental Pet\u00f3n do Lobo.
\n10.Asociaci\u00f3n Ambiental Senda Nova.
\n11.Asociaci\u00f3n Cova Crea.
\n12.Asociaci\u00f3n de V\u00edctimas de la Justicia.
\n13.Asociaci\u00f3n Fonta\u00ed\u00f1a.
\n14.Asociaci\u00f3n O Bi\u00f3n. Xinzo de Limia.
\n15.Asociaci\u00f3n Pola Defensa da R\u00eda, Pontevedra.
\n16.Asociaci\u00f3n Sachos \u00e1 R\u00faa.
\n17.Centro para a Resiliencia Pousadoira.
\n18.Cerna.
\n19.Colectivo Ecoloxista Luita Verde.
\n20.Colectivo Matogueira.
\n21.Comit\u00e9 pola Mem\u00f3ria Hist\u00f3rica do Val do L\u00edmia.
\n22.Comunidade de Montes Veci\u00f1ais en Man Com\u00fan de Tameiga. 23.ContraMINAcci\u00f3n.
\n24.Ecoloxistas en Acci\u00f3n Galicia.
\n25.En Marea. 26.Federaci\u00f3n Ecoloxista Galega.
\n27.Greenpeace Galicia.
\n28.Grupo Com\u00fan da Esquerda.
\n29.Grupo Municipal EU Son do Porri\u00f1o – Son en Com\u00fan.
\n30.Mesa de Equo Galicia.
\n31.O Grelo Verde, colectivo pola agricultura ecol\u00f3xica.
\n32.O Ouriol do Anll\u00f3ns.
\n33.Plataforma Auga Limpa Xa!
\n34.Plataforma Casalonga Limpa de Residuos.
\n35.Plataforma Monte Neme.
\n36.Plataforma pola Defensa do Rural. Ponteceso.
\n37.Plataforma Veci\u00f1al Mina Touro-O Pino Non.
\n38.Salva la Selva.
\n39.Salvemos O Iribio.
\n40.Salvemos Monteferro.
\n41.Sindicato Labrego Galego.
\n42.Sociedade Galega de Ornitolox\u00eda.
\n43.SOS Groba.
\n44.Vaipolor\u00edo.
\n45.Verdegaia.
\n46.V\u00e9spera de Nada.<\/p>\n","protected":false},"author":42,"featured_media":0,"parent":0,"template":"","meta":[],"categories":[38,56],"tags":[],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_documents\/5219"}],"collection":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_documents"}],"about":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post_documents"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/42"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_documents\/5219\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5223,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_documents\/5219\/revisions\/5223"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5219"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5219"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5219"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}