{"id":2300,"date":"2017-11-09T11:17:28","date_gmt":"2017-11-09T10:17:28","guid":{"rendered":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?post_type=post_faqs&p=2300"},"modified":"2017-12-12T23:28:50","modified_gmt":"2017-12-12T22:28:50","slug":"sobre-la-utilizacion-de-plantas-y-elementos-vegetales-en-navidad","status":"publish","type":"post_faqs","link":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/sobre-la-utilizacion-de-plantas-y-elementos-vegetales-en-navidad\/","title":{"rendered":"Sobre a utilizaci\u00f3n de plantas e elementos vexetais no Nadal"},"content":{"rendered":"

Todos os anos, en v\u00e9speras do Nadal, xorden as mesmas preguntas e os mesmos dilemas. \u00c1rbore natural ou \u00e1rbore de pl\u00e1stico? \u00c9 \u00e9tico adornar a casa con ramas de acivro? Podemos recoller carriza para o noso Bel\u00e9n?<\/p>\n

A \u00e1rbore de pl\u00e1stico \u00e9 unha opci\u00f3n desatinada, porque para a fabricaci\u00f3n do pl\u00e1stico util\u00edzanse hidrocarburos e outros derivados do petr\u00f3leo e o propio proceso de fabricaci\u00f3n \u00e9 moi contaminante. A mesma produci\u00f3n de petr\u00f3leo est\u00e1 vencellada a conflitos b\u00e9licos. Se xa tes unha \u00e1rbore de pl\u00e1stico, \u00fasaa ata que poidas. Pero non merques unha nova.<\/p>\n

Hoxe en d\u00eda, a meirande parte das \u00e1rbores de Nadal (abetos, piceas, pi\u00f1eiros) procede de plantaci\u00f3ns e viveiros. Asemade, as entresacas de exemplares en repoboaci\u00f3ns de pi\u00f1eiros poden ir destinadas a este fin. No caso das \u00e1rbores de viveiro que dispo\u00f1en, no mellor dos casos, dunha pequena cepeira con algunhas ra\u00edces, paga a pena pregunt\u00e1rmonos se ten sentido mercarmos un exemplar que ten poucas probabilidades de subsistir pasado o Nadal.<\/p>\n

Algunhas suxerencias para adornar no Nadal:<\/p>\n