{"id":2302,"date":"2017-11-09T11:21:04","date_gmt":"2017-11-09T10:21:04","guid":{"rendered":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?post_type=post_faqs&p=2302"},"modified":"2017-12-12T23:33:34","modified_gmt":"2017-12-12T22:33:34","slug":"que-es-mas-sostenible-libros-en-papel-o-el-libro-electronico","status":"publish","type":"post_faqs","link":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/que-es-mas-sostenible-libros-en-papel-o-el-libro-electronico\/","title":{"rendered":"Que \u00e9 m\u00e1s sost\u00edbel: libros en papel ou libro electr\u00f3nico?"},"content":{"rendered":"

Malia que a informaci\u00f3n en formato dixital se estendeu moito, a demanda mundial de papel segue medrando, ag\u00e1s nos \u00faltimos anos debido \u00e1 crise econ\u00f3mica. Desaproveitamos o papel, consumimos de m\u00e1is: s\u00f3 o 10 % da poboaci\u00f3n mundial (Europa occidental e Norteam\u00e9rica) consume m\u00e1is do 50 % do papel mundial. Europa e Am\u00e9rica consumen 6 veces m\u00e1is papel c\u00e1 media mundial.<\/p>\n

En moitos lugares do planeta, os bosques e outros ecosistemas naturais foron e est\u00e1n a ser a\u00ednda substitu\u00eddos por plantaci\u00f3ns de \u00e1rbores de crecemento r\u00e1pido para a industria do papel. O 17 % da fibra virxe utilizada pola industria papeleira mundial procede de bosques primarios, especialmente de Canad\u00e1, Finlandia, Rusia e Indonesia.<\/p>\n

O papel ten no seu favor que, sempre que os bosques e plantaci\u00f3ns sexan ben xestionados, procede dun recurso renov\u00e1bel. Son almac\u00e9ns de carbono, e as fibras de celulosa p\u00f3dense reciclar varias veces. Coas debidas precauci\u00f3ns, o papel ten un ciclo de vida acept\u00e1bel, a\u00ednda que sempre hai que tender a facer un uso eficiente del.<\/p>\n

Cal \u00e9 o ciclo de vida dun libro electr\u00f3nico? A utilizaci\u00f3n de soportes electr\u00f3nicos para lectura, o chamado libro electr\u00f3nico, poder\u00eda facer que a demanda de papel dimin\u00faa. Pero xera un novo e perigoso problema: o aumento de materias primas para a s\u00faa fabricaci\u00f3n e o crecemento vertixinoso dos residuos electr\u00f3nicos.<\/p>\n

Cada ano, mill\u00f3ns de toneladas de vellos ordenadores, televisores, impresoras, fax, tel\u00e9fonos m\u00f3biles, etc. son botados ao vertedoiro de lixo ou son incinerados, coa consecuente emisi\u00f3n \u00e1 atmosfera de substancias moi dani\u00f1as para o medio ambiente e a sa\u00fade. Tam\u00e9n son exportados, a mi\u00fado ilegalmente, de Europa, EE.UU, Xap\u00f3n e outros pa\u00edses industrializados a Asia e \u00c1frica. Al\u00ed, as persoas que desmantelan estes residuos, algunhas delas nenos e nenas, son expostos a un c\u00f3ctel de substancias qu\u00edmicas t\u00f3xicas de consecuencias dram\u00e1ticas para as s\u00faas vidas.<\/p>\n

O libro electr\u00f3nico s\u00famase agora a este problema. E as s\u00faas sucesivas xeraci\u00f3ns e modelos obsoletos ser\u00e1n descartados 6 meses ou 1 ano despois de seren adquiridos polos novos lectores.<\/p>\n

A taxa de crecemento destas monta\u00f1as de residuos electr\u00f3nicos obsoletos alcanzar\u00e1 dimensi\u00f3ns de crise se as empresas de electr\u00f3nica, que obte\u00f1en lucros elevados da produci\u00f3n e venda destes aparatos, non asumen as s\u00faas responsabilidades. \u00c9 pos\u00edbel facer produtos sen substancias qu\u00edmicas perigosas, duradeiros, que poden ser mellorados, reciclados ou refugados de forma segura e que non rematen como residuos perigosos no patio de atr\u00e1s de quen nin sequera dispo\u00f1en da tecnolox\u00eda axeitada para xestionalos.<\/p>\n

Non hai soluci\u00f3ns \u00fanicas, pero \u00e9 importante que:<\/p>\n