{"id":5928,"date":"2022-01-17T12:54:30","date_gmt":"2022-01-17T10:54:30","guid":{"rendered":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?post_type=post_faqs&#038;p=5928"},"modified":"2022-02-19T14:32:49","modified_gmt":"2022-02-19T12:32:49","slug":"preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida","status":"publish","type":"post_faqs","link":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/","title":{"rendered":"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida"},"content":{"rendered":"<h3>1. Non est\u00e1 a Ant\u00e1rtida xa protexida?<\/h3>\n<p>A masa de terra da Ant\u00e1rtida est\u00e1 protexida, pero o oc\u00e9ano que a rodea non o est\u00e1. O Tratado Ant\u00e1rtico de 1961 prohibiu toda actividade militar e estableceu a contorna terrestre para a investigaci\u00f3n cient\u00edfica. Despois, na d\u00e9cada de 1980, Greenpeace pediu que esta protecci\u00f3n se fortalecese fronte \u00e1s ameazas das industrias do petr\u00f3leo e da minar\u00eda e asegurou un novo acordo. Pero, polo momento, o oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico non est\u00e1 protexido do mesmo xeito; \u00e9 por iso que precisamos un Santuario Ant\u00e1rtico.<\/p>\n<h3>2. Por que falamos s\u00f3 da Ant\u00e1rtida en vez de falarmos de todos os oc\u00e9anos ou do \u00c1rtico?<\/h3>\n<p>Greenpeace forma parte dunha coalici\u00f3n global de ONG e cient\u00edficos que piden aos gobernos que protexan polo menos un 30 % dos oc\u00e9anos do mundo para 2030. Malia os compromisos mundiais de protexer un 10 % dos oc\u00e9anos para 2020, que non se cumpriron, actualmente s\u00f3 un 3 % est\u00e1 completamente protexido. A Ant\u00e1rtida \u00e9 o lugar obvio para comezar, porque xa existe un convenio internacional para a protecci\u00f3n de todo o seu oc\u00e9ano. Xa hai unha proposta sobre a mesa para a protecci\u00f3n do oc\u00e9ano para o mar de Weddell e Greenpeace qu\u00e9rese asegurar de que isto ocorra. Se isto \u00e9 as\u00ed, supor\u00eda un forte pulo para a protecci\u00f3n de moitas outras \u00e1reas de alta mar, mentres que a ONU negocia un Tratado dos Oc\u00e9anos, polo que Greenpeace leva a loitar m\u00e1is de dez a\u00f1os. Unha viaxe cara \u00e1 protecci\u00f3n da metade do planeta que comeza na Ant\u00e1rtida.<\/p>\n<p>A gobernaci\u00f3n no \u00c1rtico \u00e9 complexa e, se logramos que as Naci\u00f3ns Unidas blinde as augas internacionais, seguindo o exemplo da Ant\u00e1rtida, lograremos que se impulse a\u00ednda m\u00e1is o Santuario \u00c1rtico, malia os bloqueos constantes de gobernos coma os de Rusia, Noruega ou os Estados Unidos. Unha vitoria na Ant\u00e1rtida prep\u00e1ranos para unha vitoria cara ao Tratado Internacional dos Oc\u00e9anos.<\/p>\n<h3>3. Que son os santuarios mari\u00f1os?<\/h3>\n<p>Os santuarios mari\u00f1os (tam\u00e9n co\u00f1ecidos coma reservas mari\u00f1as) son \u00e1reas que est\u00e1n protexidas contra o impacto humano directo: actividades coma a pesca, a extracci\u00f3n de petr\u00f3leo, a minar\u00eda de augas profundas e outras industrias extractivas fican prohibidas.<\/p>\n<h3>4. Por que importan os santuarios mari\u00f1os?<\/h3>\n<p>Moitas especies mari\u00f1as est\u00e1n a sufrir os impactos do cambio clim\u00e1tico, a contaminaci\u00f3n e a sobrepesca. Os santuarios mari\u00f1os proporcionan un acougo para se recuperaren as especies e os ecosistemas. E non se trata s\u00f3 de protexer maxestosas baleas azuis e colonias de ping\u00fc\u00edns, sen\u00f3n que os beneficios son globais: os oc\u00e9anos sans desempe\u00f1an un papel esencial na absorci\u00f3n de di\u00f3xido de carbono e ax\u00fadannos a evitar os peores efectos do cambio clim\u00e1tico. Os santuarios non s\u00f3 protexen a biodiversidade, tam\u00e9n brindan seguridade alimentaria a milleiros de mill\u00f3ns de persoas que dependen dos mares. O noso destino e o destino dos nosos oc\u00e9anos est\u00e1n intimamente conectados. Os l\u00edderes mundiais non deber\u00edan permitir que un oc\u00e9ano case sen perturbaci\u00f3ns se convirta nun territorio industrializado.<\/p>\n<h3>5. Que zona abranguer\u00eda o santuario do Oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico?<\/h3>\n<p>O Santuario cubrir\u00eda un \u00e1rea do mar de Weddell, que se estende desde o sueste de Am\u00e9rica do Sur e que se atopa a car\u00f3n da Pen\u00ednsula Ant\u00e1rtica, e ser\u00eda cinco veces o tama\u00f1o de Alema\u00f1a, o pa\u00eds que propuxo a s\u00faa creaci\u00f3n \u00e1 comisi\u00f3n que se re\u00fane o vindeiro mes de outubro. O mar de Weddell, descuberto en 1823, \u00e9 unha das nove rexi\u00f3ns que a planificaci\u00f3n dispuxo para dividir o oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico. Est\u00edmase que o mar de Weddell acolle unhas 14.000 especies.<\/p>\n<h3>6. Que gobernos son os respons\u00e1beis da xesti\u00f3n na Ant\u00e1rtida?<\/h3>\n<p>Nun per\u00edodo da historia no que a confianza na fortaleza da gobernaci\u00f3n internacional \u00e9 baixa, a Ant\u00e1rtida \u00e9 un raro exemplo que amosa que o internacionalismo e a gobernaci\u00f3n global funcionan e que as naci\u00f3ns poden unirse arredor da protecci\u00f3n de grandes \u00e1reas do oc\u00e9ano com\u00fan. A Ant\u00e1rtida r\u00e9xese por unha serie de acordos internacionais co\u00f1ecidos colectivamente como o sistema do Tratado Ant\u00e1rtico, que regulan as relaci\u00f3ns internacionais con respecto a esta zona do planeta. Os outros acordos son a Convenci\u00f3n para a Conservaci\u00f3n das Focas, a Convenci\u00f3n para a Conservaci\u00f3n dos Recursos Vivos Mari\u00f1os e o Protocolo ao Tratado Ant\u00e1rtico sobre Protecci\u00f3n do Medio Ambiente (tam\u00e9n co\u00f1ecido como Protocolo de Madrid, pois foi asinado en Espa\u00f1a en 1991). O Tratado Ant\u00e1rtico entrou oficialmente en vixencia en 1961 e os doce asinantes orixinais do Tratado foron Arxentina, Australia, B\u00e9lxica, Chile, Estados Unidos, Francia, Xap\u00f3n, Noruega, Nova Zelandia, Reino Unido, Sud\u00e1frica e a Uni\u00f3n Sovi\u00e9tica, mais deixou a porta aberta a calquera membro da Organizaci\u00f3n das Naci\u00f3ns Unidas ou a outro estado invitado pola totalidade dos signatarios consultivos. Dende a s\u00faa sinatura, o n\u00famero de signatarios aumentou ata un total de 53 en 2017, pero s\u00f3 29 deles pos\u00faen a categor\u00eda de \u00abmembro consultivo\u00bb, que lles outorga plenos dereitos decisorios. Os restantes 24 son considerados \u00abmembros adherentes\u00bb, polo que non gozan de dereito a voto. Os doce pa\u00edses asinantes estiveron moi activos no continente, establecendo bases dende os anos 50. Espa\u00f1a uniuse en 1982 e \u00e9 membro consultivo. Ademais, reclama territorialmente varias illas e exerce a xurisdici\u00f3n na Base Ant\u00e1rtica Espa\u00f1ola Juan Carlos I e na Gabriel de Castilla.<\/p>\n<h3>7. Ser\u00eda esta realmente a meirande \u00e1rea protexida da Terra?<\/h3>\n<p>Si, ser\u00e1! Con 1,8 mill\u00f3ns de quil\u00f3metros cadrados, superar\u00e1 a superficie da zona protexida m\u00e1is grande do planeta ata agora, no mar de Ross, creada en 2016 pola Comisi\u00f3n do Oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico. Isto supuxo un gran paso adiante para o oc\u00e9ano e a vida silvestre da Ant\u00e1rtida. Pero debemos aproveitar este pulo para continuarmos. \u00c9 vital que este ano fagamos historia e academos a creaci\u00f3n deste Santuario do oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico, para que isto sirva de trampol\u00edn para continuarmos a protexer o 30 % dos oc\u00e9anos do mundo para 2030, en li\u00f1a cos Obxectivos de Desenvolvemento Sost\u00edbel das Naci\u00f3ns Unidas.<\/p>\n<h3>8. F\u00e1lase decote do krill como unha das raz\u00f3ns para protexer o oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico: que \u00e9 o krill e por que \u00e9 tan importante?<\/h3>\n<p>Malia ser moi pequeno (do tama\u00f1o dun dedo maimi\u00f1o), o krill \u00e9 esencial para a vida na Ant\u00e1rtida. De feito, garante a supervivencia dos animais m\u00e1is grandes do planeta, as baleas azuis, xunto coa meirande parte da fauna da Ant\u00e1rtida, que se alimenta desta criatura rosada. O krill re\u00fanese en grandes bancos que adoitan ter quil\u00f3metros de ancho, con milleiros de crust\u00e1ceos por cada metro c\u00fabico. Alg\u00fans destes bancos rosados de krill poden verse mesmo dende o espazo.<\/p>\n<h3>9. Axuda realmente o krill a deter o cambio clim\u00e1tico?<\/h3>\n<p>Un oc\u00e9ano san \u00e9 unha das mellores defensas contra o cambio clim\u00e1tico. Existen evidencias de que o krill pode axudar a capturar carbono, un dos principais respons\u00e1beis do cambio clim\u00e1tico na atmosfera. O krill amor\u00e9ase en enormes bancos e s\u00f3 aqueles individuos pr\u00f3ximos \u00e1 superficie poden alimentarse. Unha vez cheos, af\u00fandense no banco e outros toman o seu lugar. Normalmente, cando est\u00e1n no fondo do banco \u00e9 cando excretan e esas feces ricas en carbono son como pellets fecais que logo se afunden cara \u00f3 fondo do oc\u00e9ano. Este \u00e9 un proceso chamado \u201cafundimento por saturaci\u00f3n\u201d e axuda a reciclar o carbono, captur\u00e1ndoo da superficie (onde pode volver doadamente ao ar) e envi\u00e1ndoo \u00e1s profundidades do oc\u00e9ano, onde permanece. Un estudio recente da British Antarctic Survey amosa que o krill poder\u00eda capturar e almacenar ata 23 mill\u00f3ns de toneladas de carbono cada ano, o equivalente a todas as emisi\u00f3ns residenciais de gases de efecto invernadoiro no Reino Unido!<\/p>\n<h3>10. En definitiva, por que \u00e9 tan importante protexer o oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico?<\/h3>\n<p>Entre outras moitas raz\u00f3ns, o oc\u00e9ano Ant\u00e1rtico \u00e9 un dos poucos espazos onde o ser humano a\u00ednda non chegou, \u00e9 unha das zonas m\u00e1is pr\u00edstinas do planeta. Protexer o oc\u00e9ano ant\u00e1rtico \u00e9 protexer un patrimonio que nos pertence a todos e todas.<\/p>\n<p>Este oc\u00e9ano, polo momento, fica relativamente illado da explotaci\u00f3n industrial, pero cada vez est\u00e1 m\u00e1is abafado pola pesca de krill. \u00c9 preciso aplicar un principio de precauci\u00f3n antes de que sexa demasiado tarde. \u00c9 moi significativo que os pa\u00edses con meirande concentraci\u00f3n de frota pesqueira destas especies estean xa a se manifestar en contra da regulaci\u00f3n da pesquer\u00eda e da protecci\u00f3n desta zona.<\/p>\n<p>O mar de Weddell, o noso Santuario Ant\u00e1rtico, \u00e9 \u2014xunto coas illas Orcadas e Xeorxia do Sur\u2014, a zona onde m\u00e1is se est\u00e1 a pescar o krill, que \u00e9 a base alimentaria esencial para o funcionamento do ecosistema ant\u00e1rtico. Esta zona \u00e9 o fogar de maxestosos ping\u00fc\u00edns emperador e de grandes baleas. Protexer o mar de Weddell significa protexer algo que a\u00ednda non foi contaminado, un espazo seguro para a biodiversidade que poida facer fronte aos impactos do cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n","protected":false},"author":68,"featured_media":0,"parent":0,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-5928","post_faqs","type-post_faqs","status-publish","hentry"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.1.1 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida - GL | Greenpeace Espa\u00f1a<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"en_US\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida - GL | Greenpeace Espa\u00f1a\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"1. Non est\u00e1 a Ant\u00e1rtida xa protexida? A masa de terra da Ant\u00e1rtida est\u00e1 protexida, pero o oc\u00e9ano que a rodea non o est\u00e1. O Tratado Ant\u00e1rtico de 1961 prohibiu toda actividade militar e estableceu a contorna terrestre para a investigaci\u00f3n cient\u00edfica. Despois, na d\u00e9cada de 1980, Greenpeace pediu que esta protecci\u00f3n se fortalecese fronte [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"GL | Greenpeace Espa\u00f1a\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/greenpeace.spain\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2022-02-19T12:32:49+00:00\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@greenpeace_esp\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Est. reading time\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"8 minutes\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/\",\"url\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/\",\"name\":\"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida - GL | Greenpeace Espa\u00f1a\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#website\"},\"datePublished\":\"2022-01-17T10:54:30+00:00\",\"dateModified\":\"2022-02-19T12:32:49+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Home\",\"item\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#website\",\"url\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/\",\"name\":\"GL | Greenpeace Espa\u00f1a\",\"description\":\"\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#organization\",\"name\":\"Greenpeace Espa\u00f1a\",\"url\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/8\/2024\/07\/greenpeace-logo-verde.svg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/8\/2024\/07\/greenpeace-logo-verde.svg\",\"width\":1,\"height\":1,\"caption\":\"Greenpeace Espa\u00f1a\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/\"},\"sameAs\":[\"https:\/\/www.facebook.com\/greenpeace.spain\",\"https:\/\/x.com\/greenpeace_esp\",\"https:\/\/www.instagram.com\/greenpeace_esp\/\"]}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida - GL | Greenpeace Espa\u00f1a","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/","og_locale":"en_US","og_type":"article","og_title":"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida - GL | Greenpeace Espa\u00f1a","og_description":"1. Non est\u00e1 a Ant\u00e1rtida xa protexida? A masa de terra da Ant\u00e1rtida est\u00e1 protexida, pero o oc\u00e9ano que a rodea non o est\u00e1. O Tratado Ant\u00e1rtico de 1961 prohibiu toda actividade militar e estableceu a contorna terrestre para a investigaci\u00f3n cient\u00edfica. Despois, na d\u00e9cada de 1980, Greenpeace pediu que esta protecci\u00f3n se fortalecese fronte [&hellip;]","og_url":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/","og_site_name":"GL | Greenpeace Espa\u00f1a","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/greenpeace.spain","article_modified_time":"2022-02-19T12:32:49+00:00","twitter_card":"summary_large_image","twitter_site":"@greenpeace_esp","twitter_misc":{"Est. reading time":"8 minutes"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/","url":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/","name":"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida - GL | Greenpeace Espa\u00f1a","isPartOf":{"@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#website"},"datePublished":"2022-01-17T10:54:30+00:00","dateModified":"2022-02-19T12:32:49+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/preguntas-frecuentes\/preguntas-y-respuestas-sobre-la-antartida\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Home","item":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Preguntas e respostas sobre a Ant\u00e1rtida"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#website","url":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/","name":"GL | Greenpeace Espa\u00f1a","description":"","publisher":{"@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#organization","name":"Greenpeace Espa\u00f1a","url":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/8\/2024\/07\/greenpeace-logo-verde.svg","contentUrl":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/8\/2024\/07\/greenpeace-logo-verde.svg","width":1,"height":1,"caption":"Greenpeace Espa\u00f1a"},"image":{"@id":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/greenpeace.spain","https:\/\/x.com\/greenpeace_esp","https:\/\/www.instagram.com\/greenpeace_esp\/"]}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_faqs\/5928","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_faqs"}],"about":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post_faqs"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/68"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_faqs\/5928\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6131,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/post_faqs\/5928\/revisions\/6131"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5928"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5928"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/es.greenpeace.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5928"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}