Salmorejo
Receita de verán
O verán tráenos calor, moita calor, pero como a natureza é sabia, tráenos tamén tomates e todo o resto de ingredientes que precisamos para facer este rico e fresquiño salmorejo que nos conta Gloria Carrión, de La Gloria Vegana para que poidamos refrescarnos con produtos locais, ecolóxicos e de tempada.
Ingredientes
- 1 kg de tomates maduros
- 200 g de miolo de pan do día anterior
- 1 culleriña de sal
- 1 dente de allo
- 150 g de aceite de oliva
Elaboración
→ Lavamos ben os tomates e poñémolos no vaso do batedor xunto co allo e o sal.
→ Trituramos ata que quede ben fino.
→ Engadimos o miolo de pan cortado en anacos e volvemos triturar.
→ Unha vez estea ben homoxéneo, baixamos a velocidade do batedor e imos incorporando o aceite pouco a pouco para que emulsione ben.
→ Gardámolo na neveira durante un par de horas como mínimo e servimos con mazá aceda picada.



