Quen é o responsábel dos teus datos persoais?

A responsábel é ASOCIACIÓN GREENPEACE ESPAÑA (en diante"GREENPEACE”) con enderezo na rúa San Bernardo 107, 1º, 28015 Madrid.

En caso de dúbida ou consulta sobre calquera aspecto verbo da privacidade, podes comunicalo ao enderezo postal de GREENPEACE ou ao enderezo electrónico info.es@greenpeace.org

Como obtivemos os teus datos de carácter persoal?

Os teus datos de carácter persoal foron obtidos a través das relacións previas que mantiveches con GREENPEACE ou con motivo das relacións que mantés na actualidade coa nosa entidade, sexa pola túa condición de socio, porque fuches doante, porque participaches nalgunha das nosas campañas, porque es ou fuches voluntario, activista ou colaborador ou porque solicitaches que che remitisemos información promocional verbo das nosas actividades, campañas e iniciativas.

Que datos persoais tratamos?

Os datos sobre ti que trataremos para as finalidades lexítimas que máis adiante se explican son os seguintes:

Datos necesarios para manter a relación contigo:

  • Nome
  • Apelidos
  • DNI
  • Enderezo de correo electrónico
  • Número de teléfono

Nos casos nos que sexa necesario debido á natureza da nosa relación contigo, podemos chegar a tratar outros datos que ti nos facilites voluntariamente:

  • Data de nacemento
  • Sexo
  • Lingua preferida
  • Enderezo postal
  • Achega económica
  • Datos bancarios
  • Profesión
  • Información que nos proporcionaches para o exercicio do voluntariado
  • Imaxe propia

Informámoste tamén de que trataremos aqueles datos adicionais que voluntariamente nos facilites durante as futuras relacións e interaccións que manteñas con GREENPEACE, incluídos os que nos aportes mediante unha rede social ou outra aplicación. Estes datos dependen da túa propia configuración de privacidade, uso da rede social ou aplicación e das políticas de privacidade propias de cada rede social ou aplicación, polo que che recomendamos que as leas con atención antes de nos facilitares datos a través das devanditas redes sociais ou aplicacións.

Para que tratamos os teus datos persoais?

Para cumprir cos nosos obxectivos fundacionais, resolver problemas globais do medio ambiente e impulsar solucións necesarias para ter un futuro verde e en paz, tratamos os datos dos nosos socios, doantes, voluntariado, colaboradores e ciberactivistas para as seguintes finalidades:

  • Enviar información sobre GREENPEACE vía SMS, teléfono, correo postal, e-mail, incluso cando a nosa relación terminase, agás no caso de que o interesado manifeste o contrario; e dar resposta ás peticións de información solicitadas.
  • Promover a colaboración económica con GREENPEACE e outros tipos de participación activa (asinar campañas, etc.).
  • Fomentar a colaboración en GREENPEACE a través da rede de voluntariado.
  • Coordinar a participación en actividades organizadas por ou para a rede de voluntariado de GREENPEACE.
  • Invitar a actos ou eventos que organice GREENPEACE.
  • Realización de enquisas de satisfacción.
  • Actividades básicas de elaboración de perfís baseados na información que directamente nos proporcionaches e destinada a asegurar a axeitada xestión das devanditas actividades.

Adicionalmente, tamén tratamos os teus datos para o envío, incluso por medios electrónicos, de comunicacións promocionais sobre actividades, campañas e iniciativas de natureza semellante a aquelas nas que participaches anteriormente.

O interesado pode opoñerse a recibir este tipo de comunicacións promocionais, agora ou en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ao enderezo electrónico info.es@greenpeace.org ou dirixindo unha solicitude ao enderezo postal de GREENPEACE.

Por que motivo podemos tratar os teus datos persoais?

O tratamento dos teus datos persoais relacionado co mantemento da túa relación con GREENPEACE como socio, doante, voluntario, colaborador ou ciberactivista está lexitimado xa que resulta necesario para cumprir coas obrigas contractuais derivadas da devandita relación.

O tratamento dos teus datos persoais para o envío de información promocional verbo de actividades, campañas ou iniciativas de GREENPEACE semellantes a aquelas nas que participaches responde a un interese lexítimo da nosa entidade e está autorizado pola normativa vixente.

O tratamento dos teus datos persoais para o exercicio do voluntariado é necesario, xa que así o establece a normativa vixente sobre o voluntariado.

Cando e por que motivo podemos facilitar os teus datos a terceiros?

Nunca venderemos, alugaremos ou cederemos os teus datos persoais, pero estes poderán ser facilitados aos destinatarios que se indican a continuación e polos motivos que a continuación se explican:

  • Administracións Públicas: para cumprir coas obrigas legais ás que GREENPEACE está suxeita pola súa actividade.
  • Destinatarios de peticións e campañas: cando asinas unha petición ou participas cos teus datos nunha acción, o destinatario da campaña recibe de Greenpeace os datos imprescindíbeis para cumprir coas obrigas derivadas destas campañas, que poderán ser: nome, apelidos, DNI, código postal e correo electrónico. Greenpeace informarache en cada campaña de quen son os seus destinatarios.
  • Provedores que precisen acceder aos teus datos para a prestación de servizos que GREENPEACE contratase cos devanditos provedores e con quen GREENPEACE ten subscritos os contratos de privacidade e de tratamento de datos persoais necesarios e esixidos pola normativa para protexer a súa privacidade.
  • Aquelas cesións a terceiros que sexan necesarias para a organización ou coordinación das campañas, actividades e iniciativas nas que voluntariamente participes.

Se nun futuro GREENPEACE realizar outras cesións de datos persoais, informarache oportunamente.

Realizamos transferencias internacionais de datos?

GREENPEACE ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados maioritariamente no Espazo Económico Europeo (“EEE”). Algúns países alleos ao EEE están recoñecidos pola Comisión Europea como garantes dun nivel axeitado de protección de datos segundo as normas do EEE, e a listaxe completa destes países está dispoñíbel aquí.

Para transferencias do EEE a países non considerados axeitados pola Comisión Europea, GREENPEACE subscribe contratos, garantías e salvagardas necesarias para preservar a súa privacidade.

Para máis información sobre as garantías da súa privacidade, podes dirixirte a GREENPEACE a través de info.es@greenpeace.org ou a través do enderezo postal antes indicado.

Durante canto tempo gardaremos os teus datos?

Os teus datos persoais conservaranse mentres se manteña a túa relación con GREENPEACE e incluso trala finalización da devandita relación por calquera causa durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación, se non nos comunicas o contrario. Neste suposto, trataranse a efectos de acreditar o cumprimento das nosas obrigas legais e/ou contractuais. Conservaremos a túa información persoal o tempo necesario ou permitido atendendo aos fins para os que se obtivo. Os criterios empregados para determinar os prazos de conservación inclúen as nosas obrigas legais, necesidades estatísticas ou o feito de que a conservación sexa ou non aconsellábel en función da nosa postura xurídica.

Se es menor de 18 anos

Se es menor de idade e usas algún dos nosos sitios web ou participas nalgunha das nosas campañas, por favor, non nos envíes ningún dato persoal teu nin da túa familia sen previa autorización dos teus pais ou titores. Se eles están de acordo, poderás participar nas nosas campañas e actividades do xeito que en cada caso se indique. Pide aos teus pais ou titores que se poñan en contacto connosco en info.es@greenpeace.org se tes algunha dúbida.

Cales son os teus dereitos?

Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, limitación e/ou oposición ao tratamento a través dos enderezos postal e electrónico indicados.

Do mesmo xeito, se consideras que o tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou os teus dereitos de privacidade, podes presentar unha reclamación:

  • Para máis información sobre as garantías para a túa privacidade, podes dirixirte a GREENPEACE a través de info.es@greenpeace.org ou a través do enderezo postal arriba indicado.
  • Perante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica ou do seu enderezo postal.

Rastros

Esta páxina web utiliza rastros (tamén chamados cookies) co obxectivo de que nos axuden a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. Un rastro é un pequeno ficheiro que se envía ao ordenador do usuario cada vez que visita o sitio web. Por exemplo, cando o usuario regresa ao sitio web, o rastro sérvenos para identificar o seu navegador. Esta páxina web utiliza Google Analytics, o servizo de Analítica Web de Google. Os usuarios poden configurar o navegador para que bloquee todos os rastros. Nese caso, pode que o usuario non acceda a todas as funcionalidades que ten o sitio web. Os rastros non se utilizan para recadar información persoal do usuario.