“Temos que defender o planeta. Hai que facelo agora e haberá que facelo mañá. Non hai un planeta B.”

O teu compromiso co medio ambiente continuará vivo, mesmo cando xa non estiveres. Porque se inclúes a Greenpeace no teu testamento, os teus bens poden contribuír a loitar contra os perigos medioambientais e devolver aos teus fillos unha Terra verde e en paz.

Razóns para facer Testamento Solidario

  • Vivir é decidir; é importante que penses detidamente o que queres facer co que conseguiches ao longo da túa vida. Podes deixar un ben concreto ou facer herdeira a Greenpeace.
  • Asegurarme de que cumpre a lei; para que outros non decidan por ti e o teu testamento reflicta os teus desexos e cumpra escrupulosamente coa lei. Nós podemos asesorarte sen compromiso ningún.
  • Pasar á acción; facer un testamento é algo moi íntimo e xeneroso. É un documento sinxelo, doado e que garante fielmente que os teus desexos están ben reflectidos.
  • Defender o meu desexo; se xa decidiches que defender o planeta do futuro é o teu desexo, síntete tranquilo de que iso será o que faremos.
  • Compartir o meu compromiso; se fixeches testamento en favor de Greenpeace, compárteo connosco. Formarmos parte de algo tan persoal énchenos de emoción e podemos agradecercho. Ademais, permítenos cumprir coa túa vontade.

Se decidiches incluír a Greenpeace no teu testamento, estes son os datos legais que nos identifican e que debes incorporar:

Greenpeace España, con CIF: G-28947653 e enderezo fiscal C/ San Bernardo, 107 – 1, 28015 Madrid.

Queres recibir información ou asesoramento sen compromiso?

É posíbel que en tanto pensas en facer testamento, xurdan algunhas dúbidas ou simplemente queiras asegurarte de que o que decidiches está ben reflectido no teu testamento. Podes pórte en contacto connosco sen compromiso ningún, e dende logo farémolo con total confidencialidade e de xeito gratuíto.

Por que Greenpeace?

  • Porque te aseguras de seguir protexendo o planeta.
  • Porque sabes que somos independentes e non aceptamos fondos máis ca de persoas coma ti; non aceptamos cartos de gobernos nin empresas.
  • Porque seguirás dando forza e voz aos que, coma ti, non calamos ante as desfeitas naturais dos gobernos ou corporacións sen escrúpulos que poñen o seu beneficio económico por diante do planeta.
  • Porque, no caso de que non exista testamento e non haxa herdeiros, os bens e dereitos pasarán a ser propiedade do Estado.

En definitiva, porque hoxe podes decidir. Para que ninguén decida por ti e para que a túa voz siga a escoitarse cando xa non estiveres.

Testemuños

Despois de viaxar por todo o mundo e estar en cada un dos lugares en sitios marabillosos, puiden comprobar o precioso que é o noso planeta.

Por iso, admiro e desexo axudar a quen traballa a favor de conservalo e protexelo, deixando a Greenpeace como herdeira de todos os meus bens cando eu corporalmente xa non estiver aquí.

María Teresa Blanco.

Fotos Patrícia Prieto

Contacta connosco

Patricia Prieto

Responsábel Testamento Solidario

Se quixeres máis información ou un asesoramiento sen compromiso ningún, contacta conmigo.

patricia.prieto@greenpeace.org

91 444 14 50