Sabías que España alberga o mellor e o peor da agricultura e gandaría europea?

En España dedicáronse máis de
2,4 millóns
de hectáreas á agricultura ecolóxica en 2019, o 10 % da superficie agrícola
Pero o obxectivo da UE é que se acade un
25 % para 2030
Hai moita marxe para medrar en España!
En 2014 En España sacrificáronse máis demáis de
900 millóns
de animais en 2020. Máis de 1.700 por minuto!

Un 30 % das estacións que controlan a auga subterránea e un 50 % das da auga superficial indican contaminación por nitratos, provocada principalmente pola agricultura e gandaría industriais.

problema macrogranjas Nitratos por la macroexplotación de vacuno de Caparroso Contaminación en A Limia

O problema

O desenvolvemento de enfermidades, a desaparición de insectos vitais como as abellas, a contaminación das nosas augas e terras, a deforestación, a contribución ao cambio climático… Estas son algunhas das consecuencias da agricultura e gandaría industriais, que ademais:

  • Son destrutivas, xa que consumen unha gran cantidade de auga e petróleo.
  • Están asociadas á deforestación de ecosistemas de gran valor.
  • Empregan produtos químicos (fertilizantes e praguicidas) que provocan emisións de gases de efecto invernadoiro, contaminan os acuíferos, solos e alimentos e afectan a biodiversidade.
  • Prexudican os pequenos produtores e concentran o control da agricultura e a gandaría en poucas mans (o 76 % do mercado agroquímico está controlado por seis multinacionais e o 53 % do mercado de sementes, por tres), ameazando a soberanía alimentaria.
  • Ameazan a agrodiversidade (no último século, estímase que se perdeu un 75 % dos cultivos e un 17 % das razas gandeiras do mundo están en risco de extinción) e a biodiversidade en xeral.
  • Son responsábeis dunha cuarta parte das emisións globais de gases de efecto invernadoiro.
  • Consumen o 70 % da auga doce do planeta.

A agricultura e gandaría industriais naceron co único obxectivo de incrementar masivamente a produción de alimentos… Producir moito, en pouco tempo e co mínimo custo económico. E conseguírono, pero cuns “intereses” que non poderá pagar a nosa xeración nin as futuras. A triste realidade é que preto dunha terceira parte dos alimentos producidos a nivel global rematan no lixo, cando o número de persoas famentas supera a alarmante cifra de 800 millóns de persoas. Ademais, para producir estes alimentos que se botan ao lixo empréganse moitos recursos, como por exemplo o 24 % da auga doce… para nada.

Por outra banda, a inmensa maioría da produción mundial de alimentos non se destina a alimentar persoas directamente, senón a producir pensos para que os países enriquecidos poidan dispor de carne e outros derivados animais baratos. Os grandes cultivos para producir pensos para alimentar animais, que á súa vez satisfan as nosas necesidades insás de carne, están a destruír o planeta.

DI NON ás macrogranxas!

En España, a gandaría industrial está a medrar dun xeito desmesurado e totalmente descontrolado. As consecuencias xa son visíbeis e nefastas. Moitos pobos fican sen auga potábel debido á contaminación por nitratos. Un 67 % das emisións directas de gases de efecto invernadoiro do sector agrícola son provocadas pola gandaría. Un 31 % do metano emitido é responsabilidade do porcino industrial… e iso que o vacún está exento de as súas emisións. Un 94 % das emisións de amoníaco xeradas a nivel estatal son responsabilidade da produción de porcos, aves e ovos (67 % o sector porcino e 27 % o avícola). Un 66 % da superficie cultivada destínase xa a producir alimentos para animais, non para as persoas. Somos os campións no uso de antibióticos na gandaría e no 2020 sacrificáronse máis de 1.700 animais por minuto. Un total de 910.959.880 animais, máis ca persoas hai en toda a UE.

A solución

A resposta é a agroecoloxía: unha agricultura e gandaría verdadeiramente sostíbeis económica, social e ambientalmente, nas que se prohibe a utilización de agrotóxicos e de transxénicos e que, ao contrario da agricultura e gandaría industriais, non se desenvolven en detrimento do medio ambiente. A agricultura e gandaría ecolóxicas traballan coa natureza, non na súa contra coma as industriais.

Este modelo está baseado nunha xestión sostíbel dos recursos locais que beneficia as persoas produtoras e consumidoras. En todo o mundo existen explotacións de agricultura e gandaría ecolóxicas que amosan cada día que poden prover suficiente alimento, aumentar a seguridade alimentaria, preservar a biodiversidade e xerar unha meirande calidade de vida para quen produce os alimentos e para quen os consume.

Un recente informe dun dos máximos organismos públicos de investigación científica de Francia (CNRS) concluíu que a produción ecolóxica poderá alimentar todas as persoas de Europa en 2050. Para isto, din que é preciso:

  • Reducir a cantidade de alimentos de orixe animal na dieta.
  • Pór en práctica unha rotación de cultivos diversificada e baseada nos legumes.
  • Alimentar o gando só con recursos domésticos, sen recorrer a pensos importados.

Un cambio de sistema é posíbel e ímolo facer realidade. Pero… precisámoste!

agricultora ecolóxica Prohiba todos os praguicidas prexudiciais

Que está a facer Greenpeace

En Greenpeace traballamos para conseguir unha agricultura sa para o planeta e para as persoas como é a ecolóxica. Por isto, estamos a esixir ao Goberno español que:

  • Aposte decididamente pola agricultura e gandaría ecolóxicas.
  • Prohiba a liberación de cultivos transxénicos no medio ambiente.
  • Mentres se permita o cultivo de transxénicos, que publique datos fiábeis e exactos sobre o seu cultivo en España.
  • Prohiba todos os praguicidas prexudiciais para abellas e outros polinizadores.
  • Prohiba o uso do glifosato.
  • Non autorice novos proxectos de macrogranxas nin a ampliación dos existentes, desenvolva un plan para a redución progresiva da cabana gandeira en intensivo e fomente a redución do consumo de carne e outros derivados animais.

Axúdasnos? Sé parte do cambio e esixe aos gobernos e empresas que adopten políticas e prácticas sostíbeis. Pódesnos axudar asinando a petición de Macrogranxas NON! ou Premendo aquí para te unires a Greenpeace!