Como podes participar?

De moitas maneiras. O teu apoio é fundamental para impulsar as nosas campañas en prol do medio ambiente. Dende apoiares unha campaña cunha sinatura ou difundírela nas redes ata facéreste voluntario ou socio de Greenpeace.

Na nosa organización ofrecémosche diferentes xeitos de participación, e todos son importantes. Así, coa túa axuda, podemos traballar para frear o cambio climático, promover unha revolución enerxética, preservar a saúde dos nosos océanos e bosques, loitar contra o cultivo de alimentos transxénicos e crear un futuro en paz e libre de enerxía nuclear. O noso planeta precisa un cambio, e para acadalo necesitamos persoas coma ti.

FAITE SOCIO/A

En Greenpeace non recibimos subvencións nin cartos de gobernos, administracións públicas, sindicatos ou empresas, o que garante a nosa independencia. Financiámonos unicamente grazas ás achegas dos nosos socios e socias, que son polo tanto imprescindíbeis ao representar o noso único soporte económico e o noso respaldo social e político.

O apoio de máis de 115.000 socios fai posíbel o noso traballo en España, e somos máis de tres millóns en todo o mundo. Greenpeace son os nosos socios e socias, e queremos que ti sexas parte de Greenpeace.

Únete a Greenpeace!

oceanos libres plasticos

Asina as nosas peticións

A túa sinatura é unha valiosa ferramenta para a loita polo medio ambiente. Grazas a estes apoios masivos, logramos deter algunhas das agresións máis graves contra o noso planeta por parte de empresas e gobernos.

Actúa!

Donar a Greenpeace

Fai unha doazón

Grazas á túa colaboración podemos seguir traballando para defender o medio ambiente da actividade humana máis daniña.

Colabora!

Outros xeitos de actuar

Envía un SMS e colabora con Greenpeace

Podes colaborar con Greenpeace con un xesto tan sinxelo coma mandares un SMS. Nunca esquezas que o planeta está nas túas mans.

Máis información

niños con mono en brasil - tapajos

Testamento solidario

Podes colaborar incluíndo a Greenpeace no teu testamento e asegurarte de que o planeta que tanto amas seguirá protexido cando xa non esteas.

Máis información

monitora de greenpeace en una clase con niños

Grandes doazóns

Se queres facer grandes cousas contra o cambio climático, a protección dos océanos e os bosques primarios, cambiar as dinámicas de poder e influír nas grandes corporacións, con Greenpeace podes facelo.

Más información

coles-gp-agua

Coles x Greepeace

Benvidas e benvidos á campaña solidaria que Greenpeace organiza neste curso 2022-2023 nas escolas para coidar e preservar a AUGA do planeta!

Enche o formulario de solicitude

grupo-activistas-2[1]

Voluntariado

Os voluntarios e voluntarias son a alma e o motor da nosa organización. Son persoas que, con vontade e convicción, decidiron actuar para protexer o noso planeta. Úneste?

Faite voluntario/a!

pareja mercado -  consumo responsable frutas y verduras

Consume mellor

Cando fas unha compra, sempre é posíbel buscar unha alternativa respectuosa co medio ambiente e os dereitos humanos. En moitos casos, a diferenza entre ser un consumidor responsábel ou non é a falla de información.

Consellos para unha vida sostíbel

oso polar peluche

Tenda

Os nosos produtos son ecolóxicos e están feitos a partir de materiais reciclados. Regala Greenpeace e axudarás a defender o medio ambiente en calquera lugar do planeta.

Tenda

i-BkKq8RS-X3

Escola de activismo

Cursos en liña e presenciais, campamentos de activistas e ferramentas para a acción. Coa Escola de Activismo, que fundamos conxuntamente con Novact, queremos dar as ferramentas necesarias para pasar á acción e contribuír á transformación social.

Mira os vindeiros cursos

campamentos

Ven aos nosos campamentos de verán

Xogos, obradoiros, excursións por pobos e por paraxes naturais, aventuras, debates, amizade, diversión e aprendizaxe. Así son os campamentos de verán de Greenpeace, que van dirixidos a pequerrechos e mozos de de 8 a 17 anos e a familias con nenos.

Apúntate!