Para esta viaxe, os improvisados mariñeiros rebautizaron o barco cun novo nome, que resumía a filosofía do grupo: “queremos paz e queremos que sexa verde”. Deste xeito tan espontáneo naceu Greenpeace.

En 1971, un grupo de activistas antinucleares canadenses embarcáronse a bordo do vello pesqueiro Phyllis Cormack para protestaren contra as probas nucleares que Estados Unidos estaba a levar a cabo no arquipélago de Amchitka, en Alasca. O seu obxectivo: impediren que a bomba fose detonada colocándose no centro da zona de probas.

Como acción directa, a expedición a Amchitka non saiu como se esperaba. Porén, como estratexia de campaña resultou un éxito extraordinario. Un ano despois, os Estados Unidos víronse forzados a anunciar que deterían as probas nucleares na zona. Amchitka é dende entón unha reserva ornitolóxica.

Anos máis tarde, en 1978, as oficinas de Europa, Estados Unidos e o Pacífico decidiron pór en común os seus recursos e crear Greenpeace Internacional. Na actualidade, Greenpeace é unha das organizacións ambientalistas máis importantes do mundo. A súa oficina central atópase en Amsterdam, Holanda, e conta con oficinas en 55 países en todo o mundo.

As orixes


Unha viaxe pola vida e pola paz

Irving Stowe

Cofundador de Greenpeace

As persoas que fundaron o comité Don’t Make A Wave, que máis tarde se convertería en Greenpeace, e que formaron parte dos primeiros pasos de Greenpeace foron Dorothy e Irving Stowe, Marie e Jim Bohlen, Ben e Dorothy MetcalfeBob e Zoe Hunter e un estudante chamado Paul Cote.

En España

Todo comezou en 1982. Malia non existir a organización legalmente, realizouse a primeira acción pacífica de Greenpeace en España.

A bordo dun pequeno pesqueiro, un grupo de activistas impediu a vertedura de bidóns radioactivos dun mercante holandés a 500 quilómetros da costa galega.

O Goberno holandés parou a vertedura de residuos nucleares ao mar.

Nos veráns de 1978 e 1980, o primeiro barco Rainbow Warrior enfrontárase coa frota baleeira que aínda se mantiña en España, tratando de impedir as súas capturas. O feito serviu para que en 1985 o noso país abandonara a caza de baleas.

Por fin, en 1984, naceu formalmente Greenpeace España, inaugurando unha pequena oficina no centro de Madrid. Cumprimos máis de 30 años de traballo con importantes vitorias medioambientais. Entre os nosos principais logros está o peche da central nuclear de Zorita, a prohibición da pesca con redes de deriva, o protocolo de Quioto, a prohibición de minas antipersoais e bombas de acio, conseguir que España sexa un dos tres países no mundo con meirande aproveitamento de renovábeis, o espertar da conciencia para actuar contra o cambio climático e para protexer o Ártico ou a declaración de ilegalidade do hotel Algarrobico.

Vitorias

Pecha a central nuclear de Garoña

EE.UU. e Canadá prohiben as prospeccións de gas e petróleo nas súas augas do Ártico

O hotel Algarrobico é declarado ilegal

195 países asinan o Acordo climático de París

Prohíbese a pesca con redes de deriva

A moda e a tecnoloxía fanse menos contaminantes

España deixa de fabricar bombas de acio

Créase a área mariña protexida máis grande do mundo na Antártida