Os bosques primarios son enormes extensións de bosques que aínda non foron explotados comercialmente. Só ocupan unha cuarta parte da superficie forestal mundial. O resto foi deforestado, degradado ou fragmentado pola actividade humana.
Segundo a FAO, no período 2015-2020 desapareceron cada ano
10 millóns de hectáreas
de bosque, unha superficie superior a toda Andalucía.
Entre 2000 e 2020 perdeuse un
12 %
dos bosques primarios que quedaban no planeta
Un
12 %
dos gases de efecto invernadoiro proceden da deforestación e outros cambios no uso do territorio
Un tractor transporta troncos. Vista aérea de la construcción de la presa de Belo Monte. Zona deforestada en el Amazonas

O problema

Os bosques primarios, ou paisaxes forestais intactas, son grandes áreas forestais virxes que abranguen unha gran parte da biodiversidade terrestre e constitúen enormes almacéns de carbono. No ano 2020, as paisaxes forestais intactas cubrían 11,3 millóns de km2, situados principalmente en Canadá, Rusia, Brasil, Perú e República Democrática do Congo. Tristemente, están a ser destruídas ou degradadas pola actividade humana.

Estes ecosistemas virxes son o fogar de pobos indíxenas, que son os verdadeiros gardiáns destes territorios, polo que a perda destes bosques é tamén a desaparición de culturas indíxenas. Ademais, a destrución dos bosques provoca a extinción de interesantes especies de flora e fauna e a emisión de grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, responsábeis do cambio climático. Salvar estes bosques debe ser unha prioridade para todos os países.

A expansión da fronteira agrícola e gandeira para a produción de materias primas (soia, aceite de palma, carne, caucho, cana de azucre, papel, madeira, etc…) é a principal responsábel deste problema. A explotación madeireira, os megaproxectos hidroeléctricos, a minería e a explotación petrolífera son tamén responsábeis da deforestación e degradación destes bosques primarios.

E na orixe desta demanda desbocada de materias primas hai que sinalar o modelo de consumo e os hábitos do estilo de vida occidental, así como os desequilibrios do actual sistema económico mundial.

En España non restan bosques primarios, aínda que nalgúns macizos montañosos sobreviven redutos de bosques vellos ou maduros que son o fogar de especies de flora e fauna ameazada. É imprescindíbel coñecermos e protexermos estes bosques, así como evitarmos as actividades humanas que puideren comprometer o seu futuro.

A solución

Malia a gran variedade de ameazas que destrúen os bosques primarios, aínda hai tempo de reacción, pero é urxente tomar certas medidas para poder salvalos:

  • Dar prioridade á protección dos bosques primarios a través do cumprimento dos compromisos adquiridos nos acordos multilaterais e dunha mellor gobernación mundial que dea prioridade á conservación da biodiversidade e aos dereitos dos pobos indíxenas.
  • As empresas que operan en países con bosques primarios deben implantar políticas para promoveren a responsabilidade empresarial en materia de medio ambiente, dereitos humanos, loita contra a corrupción, etc. que eviten a súa posíbel participación en proxectos que puideren ter un impacto negativo sobre estes ecosistemas.
  • As administracións, a través da contratación pública, deben dar prioridade a aqueles produtos que non estean asociados á destrución dos bosques nin á violación de dereitos humanos.
  • A cidadanía debe adoptar estilos de vida e consumo sostíbeis, evitando o consumo innecesario, non desbaldindo recursos e realizando unha compra consciente e comprometida co planeta e cos dereitos humanos.

Que está a facer Greenpeace

En Greenpeace, xunto coas comunidades locais que habitan nestes bosques, traballamos para evitar a destrución e degradación dos bosques primarios do planeta.

Investigamos e documentamos como a expansión agrícola para a produción de gando, soia ou aceite de palma está detrás da meirande parte da destrución da selva tropical na Amazonía ou en Indonesia. Tamén investigamos e expuxemos o papel da industria forestal na degradación dos bosques para a produción de madeira ou papel.

Abonda de deforestación

Non só investigamos e denunciamos. Tamén esiximos aos gobernos que eviten a importación de produtos forestais procedentes de tallas ilegais e que poñan en marcha políticas de deforestación cero, que loiten contra a deforestación como forma de cumprir co Acordo de París contra o cambio climático. E facemos campañas para que as grandes multinacionais limpen as súas cadeas de subministración de materias primas que proceden da deforestación. Ou falamos cos bancos para que deixen de financiar os actores económicos que destrúen os bosques. Ou enfrontámonos coas empresas eléctricas, construtoras ou aseguradoras que se embarcan en proxectos destrutivos para o medio ambiente e os dereitos humanos.

Dende Greenpeace traballamos para demandar e propoñer distintas solucións a un problema tan complexo como os incendios forestais de alta intensidade, que se converteron nun problema ambiental e social de primeira magnitude, para minimizar as súas consecuencias.

«Dende hai máis de 20 anos, elaboramos campañas nas selvas tropicais da Amazonía brasileira, a Conca do Congo e Indonesia; e tamén traballamos en países con bosques boreais como Canadá, Finlandia ou Rusia»
bosque greenpeac

Que podes facer ti?

Pide á Xunta de Galicia que poña fin á importación de madeira ilegal. Galicia é unha das vías de entrada desta madeira na Unión Europea e a Xunta ten a responsabilidade legal de controlala, pero non está a facelo.

Asina para evitar a talla ilegal

Actúa co teu consumo! Escoller mal a madeira pode ter unha repercusión negativa para os bosques, en especial para aquelas especies que están ameazadas ou que proceden de rexións afectadas pola mala xestión forestal, a talla ilegal, a deforestación, as guerras, as invasións de territorios indíxenas ou a violación dos dereitos humanos. Propoñémosche aquí algúns consellos para escoller ben a madeira ou darlle unha nova vida á que xa tes.

Súmate a Greenpeace! Forma parte da nosa organización para esixir ás empresas que adopten medidas responsábeis de explotación forestal e aos gobernos que actúen contra a madeira ilegal. Onde unha persoa non chega, un colectivo si. Preme aquí para te unires a Greenpeace!

Contido relacionado