As selvas tropicais de Indonesia son un punto quente de biodiversidade. Son tamén unha rexión clave para a regulación do clima da Terra. Pero estes bosques están a ser tallados e substituídos por plantacións para a produción de aceite de palma e pasta de papel.
Os bosques de turbeira de Indonesia almacenan
12 veces
máis carbono por hectárea cós solos dos bosques tropicais da Asia insular.
Estímase que para
2030 se duplicará
a demanda de aceite de palma.
As grandes marcas de alimentación seguen a fabricar os seus produtos
con aceite de palma
procedente dos incendios e da destrución da selva.
Llamas vivas en ramas de árboles secos en un área de turberas recientemente deforestadas en una concesión de aceite de palma de Indonesia Vista aérea de un terreno concedido a los proveedores de aceite de palma de P & G en Kalimantan, Indonesia Una persona recorre turberas quemadas y restos de bosque en Indonesia

O problema

As selvas do Sueste Asiático ocupan as illas de Sumatra, Borneo, Papúa Nova Guinea e innumerábeis illas pequenas e arquipélagos próximos, e conteñen unha rica biodiversidade: multitude de endemismos, como a Rafflesia xigante de Indonesia ou as aves do paraíso; 500 especies de mamíferos como o orangután ou o rinoceronte de Sumatra e Xava; e máis de 1.600 especies de aves. Mais a riqueza cultural é aínda maior. A multitude de pobos indíxenas fai que só en Papúa Nova Guinea haxa máis de 800 linguas faladas, un terzo das que existen en todo o mundo.

Pero estes bosques sofren unha das meirandes taxas de deforestación do planeta. Indonesia perdeu a cuarta parte dos seus bosques nos últimos 25 anos. A deforestación, provocada comunmente a través da queima da selva, colocou na pasada década a Indonesia como o terceiro país emisor de gases de efecto invernadoiro do mundo. Os lumes forestais que asolaron Indonesia en 2015 considéranse unha das meirandes catástrofes medioambientais do século XXI. O Banco Mundial estima que a crise dos incendios de 2015 custou á economía indonesia 16.000 millóns de dólares en perdas. O fume dos incendios causou doenzas respiratorias a centos de milleiros de persoas en toda a rexión e, segundo un estudo, probablemente provocou máis de 100.000 mortes prematuras.

Salvemos os bosques de Indonesia

E unha repunta dos incendios na selva volveuse repetir en 2019. E esta destrución remata nunn gran número de produtos de alimentación, cosmética e agrocombustíbeis que se consumen nos nosos países.

De xeito especial, os bosques de turbeiras de Indonesia están a ser obxecto dunha destrución sen precedentes. En todo o mundo, as turbeiras cobren menos do 0,1 % da superficie do planeta, pero xa son responsábeis dun 4 % das emisións anuais de gases de efecto invernadoiro, causantes do cambio climático.

O aumento da demanda de aceite de palma é especialmente insostíbel: estímase que a demanda deste aceite se duplicará en 2030 respecto dos niveis do ano 2000 e se triplicará para 2050. A industria dos mal chamados “biocarburantes” está a expandirse rapidamente, e case a metade das importacións europeas deste aceite destínase á fabricación de biodiésel.

Indonesia xa ten 6 millóns de hectáreas de plantacións de palma aceiteira, pero hai plans para plantar outros 4 millóns só para a produción de biocombustíbeis.

A solución

As empresas e gobernos deben asumir as súas responsabilidades como principais responsábeis da destrución dos bosques de Indonesia e han de:

  • O Goberno de Indonesia debe comprometerse a implantar unha política de cero deforestación, suspender a conversión de bosques en plantacións e obrigar ao cumprimento estrito da lei que prohibe a utilización do lume para despexar a selva.
  • Tamén, o goberno debe facer accesíbel para as ONG a cartografía das concesións forestais do sector do aceite de palma e o sector papeleiro.
  • As empresas que operan en Indonesia deben implantar políticas para promoveren a responsabilidade empresarial en materia de medio ambiente, dereitos humanos, loita contra a corrupción, etc. que eviten a súa posíbel participación en proxectos que puideren ter un impacto negativo sobre estes ecosistemas e a súa poboación.
  • A Unión Europea debe pór en marcha o seu plan contra a deforestación lexislando para que se prohiba a importación de materias primas (soia, carne, aceite de palma, madeira ou papel) que procedan da deforestación.
  • Pór fin ao apoio aos agrocarburantes baseados en cultivos agrícolas, como o biodiésel fabricado a partir de aceite de palma.
  • Os países da UE deben facer cumprir o Regulamento EUTR, que impide a entrada en Europa de produtos forestais procedentes da talla ilegal en Indonesia.
  • Ti tamén podes ser parte da solución, adoptando estilos de vida simples e reducindo o noso consumo, evitando os produtos alimenticios e forestais procedentes da destrución das selvas tropicais de Indonesia.
Bebé orangután de un año de edad juega en un árbol en Borneo Primer plano de un tigre de Sumatra Orangután en la zona de alimentación en el Parque Nacional de Tanjung Puting, Indonesia

Que está a facer Greenpeace

Os sectores do aceite de palma e papeleiro están detrás da queima da selva e a alta taxa de deforestación de Indonesia. Para evitarmos que isto siga sucedendo, isto é o que facemos:

  • Realizamos un seguimento da evolución da deforestación en Indonesia, analizando imaxes de satélite, investigando sobre o terreo e publicando informes sobre o problema e os sectores económicos implicados.
  • Demandamos ao goberno de Indonesia o acceso público á información relacionada coas concesións forestais do sector do aceite de palma e o sector papeleiro, así como o cumprimento estrito da lei que prohibe a utilización do lume para despexar a selva.
  • Investigamos as cadeas de subministro de aceite de palma e papel para sinalarmos as grandes empresas de Europa e EE.UU. que están a subministrarse con materias primas procedentes da destrución dos bosques de Indonesia.
  • Realizamos campañas creativas e impactantes, como as que sinalaban as empresas Nestlé (e o seu Kitkat) ou Mattel (e a súa boneca Barbie) por se subministráren con produtos procedentes da deforestación.
  • Esiximos á Unión Europea que deixe de apoiar os biocarburantes fabricados a partir de produtos agrícolas como o aceite de palma.
  • Establecemos alianzas con outras organizacións e con tribos indíxenas para a defensa do medio ambiente e dos dereitos sobre os seus territorios.
  • Enfrontámonos coas empresas españolas para que cumpran cos seus compromisos de Responsabilidade Social Corporativa para evitaren financiar ou formar parte de proxectos que puideren danar estes ecosistemas e os pobos que viven neles.
  • Promovemos entre a cidadanía hábitos de consumo responsábeis coas implicacións ambientais e sociais do noso modo de vida.

Durante máis de 10 anos, conseguimos moitas cousas en Indonesia. Podes consultalas no listado de informes das campañas de Indonesia.

Indonesia: palma-olioa suntsitzea

Que podes facer ti?

Súmate a Greenpeace! Forma parte da nosa organización para esixir a empresas e gobernos que adopten medidas responsábeis de explotación forestal. Onde unha persoa non chega, un colectivo si.

Preme aquí para te unires a Greenpeace!

Contido relacionado