No concepto de seguridade humana empezan a coller relevancia outras ameazas como o cambio climático, a pobreza, as enfermidades ou a escaseza de alimentos ou doutros recursos necesarios.
España é o quinto exportador mundial de armas
3.622,4 millóns de euros
foi o valor das exportacións de armas españolas en 2020
Máis de
12.000 civís
perderon a vida dende que comezou o conflito en Iemen en 2020
Efectos de los bombardeos de la coalición saudí en un colegio de Yemen. Efectos de los bombardeos de la coalición saudí en un complejo educativo para niñas en Yemen.

O problema

O concepto clásico de seguridade centrábase na defensa fronte a ameazas militares do exterior e esquecía outras fontes de inseguridade coma as económicas e medioambientais.

Este concepto de seguridade fortaleceuse a través dunha variedade de historias contadas para beneficio dos intereses dunha elite, creando a cultura do medo, que se utilizaron como xustificación para a mobilización de medidas extraordinarias e desproporcionadas respecto a meirandes ameazas materiais. Así, vimos un incremento sistemático do investimento no sector do armamento e do comercio de armas a nivel mundial.

As exportacións de armas españolas superaron os 3.720,4 millóns de euros en 2018 e os 4.042,3 millóns de euros en 2019, o que sitúa o noso país como o quinto exportador mundial deste tipo de material.

O aumento do comercio mundial de armas e este interese exportador de países como España coliden co cumprimento estrito das regulacións que esixen que se deneguen aquelas exportacións de armas con risco de poderen empregarse para facilitar ou cometer graves violacións do dereito internacional. A falla de transparencia neste eido impide asegurar a correcta aplicación desta normativa e a rendición de contas ante as súas posíbeis vulneracións.

Na actualidade, no concepto de seguridade humana comezan a coller relevancia outras ameazas como o cambio climático, a pobreza, as enfermidades ou a escaseza de alimentos ou outros recursos necesarios. Conforme a situación de escaseza de recursos aumente, incrementaranse os conflitos que alimentarán, pola súa banda, o ciclo de violencia.

A solución

Dende Greenpeace cremos que son precisas normas internacionais para regular o comercio de armas e que cada país debe regulalo a nivel nacional e asumir as súas responsabilidades. Ademais, entendemos que a seguridade non debe definirse segundo as fronteiras, senón segundo as posibilidades do desenvolvemento humano de cada persoa.

En España, a entrada en vigor e aplicación da Lei 53/2007 significou avances canto a transparencia e control das exportacións de armamento, e como tal valorámola dende Greenpeace. Porén, segue existindo unha marxe de mellora. Por exemplo, seguen vendéndose armas a países que están en conflito armado ou onde se producen violacións dos dereitos humanos. En 2019 e 2020,exportáronse a Israel, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos (EAU), Iraq, Exipto e Turquía. É dicir, que seguen a rexistrarse exportacións a varios países cun historial de violacións dos dereitos humanos, a países con inestabilidade rexional ou conflitos internos, operacións que dificilmente superarían unha aplicación estrita dos criterios establecidos no artigo 8 da Lei.

Que está a facer Greenpeace

Na campaña de desarmamento traballamos para acadar máis control e transparencia no comercio de armas e avanzar cara ao desarmamento e cara á non proliferación nuclear.

Tras máis de 10 anos de campaña xunto con Amnistía Internacional, Fundació per la Pau e Intermón Oxfam, en 2007 o Goberno español aprobou unha Lei de Comercio Exterior de Material de Defensa e de Dobre Uso, que regula as exportacións españolas de armamento. Esta lei establece requisitos estritos respecto a onde se pode ou non vender. En 2010 aprobouse ademais un Tratado que prohibe a nivel internacional as bombas de acio.

A campaña Armas Baixo Control esixe o cesamento da venda de armas españolas cando existe un risco substancial de que poidan contribuír a cometer ou facilitar graves violacións do dereito internacional dos dereitos humanos ou do dereito internacional humanitario. Ademais, traballamos en todo o mundo para acadar o desarmamento nuclear. En xullo de 2017, as Nacións Unidas adoptaron un novo tratado mundial de prohibición das armas nucleares malia a oposición dos países da OTAN, como España.