Somos independentes política e economicamente. Non aceptamos cartos de gobernos, partidos políticos nin empresas. As doazóns individuais, xunto coas cotas regulares dos nosos socios e socias, son a única fonte dos nosos fondos.

Gastos en 2020

Isto é o que acadamos en 2021 grazas ás achegas dos nosos socios e socias:

Denégase estudar a viabilidade de usar augas subterráneas para a macrogranxa de Noviercas

A Comisión Europea presenta unha lei contra a deforestación

62 países piden un Tratado Global dos Océanos

A enerxía eólica superou a nuclear como primeira fonte de electricidade en España

delfin

Transparencia

Nos informes anuais que Greenpeace elabora anualmente, pódense consultar as contas auditadas da organización.

A importancia dos socios e socias

Os máis de 145.000 socios e socias de Greenpeace son a base da organización. Son quen fai posíbel o noso traballo, as campañas, as accións, os programas de educación ambiental, a labor de comunicar os problemas do medio ambiente e as súas posíbeis solucións.

Garantía de independencia

Greenpeace finánciase exclusivamente coas achegas dos seus socios e socias, e non acepta doazóns de gobernos, partidos políticos ou empresas. A nosa independencia dános a autoridade que necesitamos para facer campañas e acadar un cambio real.

Rendición de contas

A través das newsletters e da revista trimestral — en formato en liña ou en papel — informamos a todas as persoas que colaboran con Greenpeace verbo do noso traballo.

Sabías que colaborar con Greenpeace desgrava?

Greenpeace foi declarada asociación de utilidade pública co obxectivo de permitir que os nosos socios e socias poidan beneficiarse das desgravacións fiscais das súas cotas e doazóns. Actualmente podes desgravarte o 75 % dos primeiros 150 euros da túa achega. Para o diñeiro achegado que exceda desa cantidade, a dedución chega ao 30%. Se se doou unha cantidade igual ou superior a Greenpeace durante os dous últimos exercicios, esta porcentaxe da dedución increméntase ata un 35 %. Hai que ter en conta que o límite máximo de dedución está fixado no 10 % da base liquidábel del IRPF.

Se es socio/a e desexas máis información, non dubides en poñerte en contacto co noso servizo de atención ao socio/a, 900 535 025 ou a través do enderezo sociasysocios.es@greenpeace.org.