A Amazonía é a meirande rexión de bosque tropical do planeta. Dende 1970 perdeuse só en Brasil unha superficie forestal máis grande ca toda Francia. A gandería foi a responsábel da meirande parte desta deforestación.
En
2015
a deforestación volveu repuntar na Amazonía brasileira, con case 800 mil hectáreas destruídas
Na década dos 90, a selva absorbía
2.000 millóns
de toneladas de CO2. Agora reducíronse á metade
En 2016
49 activistas
ecoloxistas foron asasinados en Brasil. 9 de cada 10 destes asasinatos ocorreron na Amazonía
Sakí barbudo negro en el Amazonas Jaguar en el Amazonas Amazona frentiazul en el Amazonas

O problema

A Amazonía, a meirande rexión tropical do planeta, perde cada ano enormes extensións de selva, emitindo grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro nun contexto de violencia e violacións dos dereitos humanos. Se queremos evitar un empeoramento do cambio climático e a perda da súa rica biodiversidade e garantir a supervivencia dos pobos indíxenas, é fundamental deter a deforestación e degradación da Amazonía.

Brasil é o país que alberga a meirande parte da selva amazónica, pero a deforestación e a degradación forestal son problemas crónicos. A expansión da fronteira agrícola para o cultivo de soia e a creación de pastos para a gandería é a principal responsábel deste problema. Tamén a explotación forestal industrial, en gran parte ilegal, abre o camiño á destrución posterior mediante o uso do lume. Outra grande ameaza son os grandes proxectos hidroeléctricos que ameazan todos os valiosos ríos da conca amazónica, como o complexo de encoros proxectados na conca do río Tapajos, fogar da tribo Mundurukú.

A nosa dieta ten moito que ver co que pasa na Amazonía. A expansión do cultivo de soia en Brasil débese en gran medida á demanda internacional de pensos que a gandería industrial necesita para alimentar os polos, porcos, vacas, etc. que forman parte da nosa dieta excesivamente rica en proteína de orixe animal.

Tamén hai empresas españolas responsábeis da conflitividade que se vive na rexión amazónica. Empresas eléctricas e empresas aseguradoras están a tentar facer negocio con estes proxectos destrutivos. Asemade, o mercado español de madeira tropical ten unha gran responsabilidade, xa que España tamén é un dos meirandes importadores europeos de madeira tropical amazónica. A demanda de madeiras valiosas, como o ipé, alimenta o fraude e a corrupción no sector forestal. España é o cuarto importador mundial de madeira de ipé, contribuíndo non só á destrución da Amazonía, senón tamén á invasión de territorios indíxenas ou ao traballo escravo.

Corocoros rojos volando sobre la costa de Brasil Niños Munduruku nadando en el río Tapajós en el Amazonas Imagen aérea del río Tapajós en Pará

A solución

As empresas e gobernos deben asumir as súas responsabilidades como principais responsábeis da destrución do Amazonas e han de:

  • O Goberno de Brasil debe comprometerse a implantar unha política de cero deforestación e cumprir os seus compromisos internacionais en materia de medio ambiente e dereitos dos pobos indíxenas.
  • As empresas que operan en Brasil deben implantar políticas para promoveren a responsabilidade empresarial en materia de medio ambiente, dereitos humanos, loita contra a corrupción, etc. que eviten a súa posíbel participación en proxectos que puideren ter un impacto negativo sobre os ecosistemas amazónicos e sobre a súa poboación.
  • Os países da UE deben facer cumprir o Regulamento EUTR, que impide a entrada en Europa de produtos forestais procedentes da destrución dos bosques.
  • A Unión Europea debe pór en marcha o seu plan contra a deforestación evitando o comercio de materias primas (soia, carne, aceite de palma, madeira ou papel) que procedan da deforestación.
  • As administracións, a través da contratación pública, deben dar prioridade a aqueles produtos que non estean asociados á destrución dos bosques nin á violación de dereitos humanos contra as comunidades que os habitan.
  • A cidadanía debe adoptar estilos de vida e consumo sostíbeis, evitando o consumo innecesario, non desbaldindo recursos e realizando unha compra consciente e comprometida co planeta e os dereitos humanos.
  • Entre os estilos de vida necesarios, é obrigado mencionar a necesidade de adoptar unha dieta baixa en proteína animal na que predominen os alimentos de orixe vexetal, ecolóxicos e locais. Temos que consumir menos carne e de mellor calidade, rexeitando os produtos procedentes dos sistemas intensivos e apoiando a gandería local en réxime extensivo e ecolóxico.

Que está a facer Greenpeace

Para poñer fin á deforestación e degradación da Amazonía, temos que facer presión sobre as institucións internacionais e o goberno de Brasil, convencer as grandes empresas e transformar o actual sistema económico que dá prioridade a consumir e desbaldir recursos. Por iso:

  • Demandamos unha Lei de Deforestación Cero en Brasil para reducir drasticamente a deforestación e degradación da selva Amazónica e o Cerrado.
  • Investigamos sobre o terreo e documentamos as cadeas de subministro de materias primas (soia, carne, madeira) para sinalarmos as empresas e gobernos que están a permitir o comercio internacional de produtos procedentes da destrución forestal.
  • Establecemos alianzas con outras organizacións e con tribos indíxenas para a defensa do medio ambiente e os dereitos sobre os seus territorios.
  • Esiximos ás empresas españolas que cumpran cos seus compromisos de Responsabilidade Social Corporativa para evitar vérense envoltas en proxectos que puideren danar a Amazonía.
  • Esiximos aos países da Unión Europea que apliquen a lexislación que impide a importación de madeira ilegal na UE.
  • Promovemos entre a cidadanía hábitos de consumo responsábeis coas implicacións ambientais e sociais do noso modo de vida.