Talos de acelgas de cores
Receita de primavera
Na primavera, os campos énchense de vida e as hortas énchensenos de produtos, así que imos aproveitar que é a tempada e podemos conseguilas de proximidade para facer esta rica receita de talos de acelgas de cores que nos traen Fina Puigdevall e Martina Puigvert, dende a horta do seu restaurante Les Cols, en Olot, Girona, con dúas Estrelas Michelin e unha Estrela Verde Michelin á sostibilidade.
Ingredientes
- 1 presa de acelgas de cores (vermello, amarelo e branco)
- 1 cabeza de allo
- Aceite de oliva
Elaboración
→ Separar o talo da folla da acelga. Pelar a primeira capa dos talos.
→ Envasar ao baleiro os talos e cocer en forno de vapor a 86 ºC de 7 a 10 minutos.
→ Transcorrido este tempo, arrefriar ao baño maría invertido.
→ Por outro lado, ferver as follas durante 10 minutos. Escorregalas e trituralas con Thermomix.
→ Engadir auga para obter textura de crema. Botar sal ao gusto.
→ Por outra banda, pelar e cortar pola metade unha cabeza de allo. Confeitar en aceite de oliva.
Acabado
→ Dispor no fondo do prato o puré obtido coas follas das acelgas. Colocar harmoniosamente os talos de cores cortados en anacos de 3 ou 4 cm por enriba do puré (2 talos vermellos, 2 amarelos e 2 brancos) e dispor no centro un dente de allo, botándolle por enriba un chorriño do aceite de oliva co que os confeitamos.



