Entrada de blog por Manoel Santos - 12-12-2024


🔴 ACCIÓN 🔴 Plantamos unha cheminea fumarenta na Xunta para berrar “ALTRI NON”

  • 🔴ACCIÓN🔴 🔴ACCIÓN🔴 🔴ACCIÓN🔴 Accedemos á sede principal da Xunta de Galicia, en San Caetano (Santiago de Compostela) e bloqueamos temporalmente un dos accesos para esixir o descarte definitivo construción da macrocelulosa que a multinacional Altri quere construír en Palas do Rei (Lugo).
Protesta contra Altri
Protesta contra Altri

Co lema “ALTRI NON” e unha cheminea fumegante de 5 metros de altura, máis de 20 activistas accederon á sede da Xunta, sobre a entrada á oficina de atención á cidadanía e rexistro xeral, para denunciar os enormes impactos negativos que tería a fábrica en toda a bacía do Ulla e bloquearon temporalmente un acceso en sinal de protesta.

O corazón de Galicia en perigo

O proxecto que nos tratan de impoñer Altri e a Xunta de Galicia é unha bomba no corazón de Galicia. Os riscos para a biodiversidade, para a calidade do medio ambiente e para o equilibrio socioeconómico da zona e do país enteiro non son asumíbeis dende ningún ollar. Somos decenas as organizacións ambientais, veciñais e entidades académicas que nos opoñemos a un dos proxectos industriais máis lesivos que se presentaron en Galicia nas últimas décadas.

Con esta acción queremos chamar a atención sobre as insostíbeis dimensións que ten o proxecto de Altri, que afectaría a unha superficie dez veces maior que a de Ence, en Pontevedra. A macrofábrica emprazaríase, de xeito insólito, nun lugar que a propia Xunta xa identificou hai anos para engrosar a exigua rede Natura de Galicia, a máis pequena do Estado. Inclúe ademais un uso da auga –unha captación de ata 46 millóns de litros ao día e unha vertedura contaminada de 30 millóns diarios– indecente e irresponsábel e a construción dunha cheminea de 75 metros de altura para emitir enormes cantidades de substancias precursoras da choiva aceda como óxidos de xofre e nitróxeno. Está en risco non só a saúde dos nosos ecosistemas, senón tamén a das persoas.

Desalojo de los activistas de Greenpeace. ©Greenpeace/Pedro Armestre

Amais, o proxecto obrigaría a abrir un novo ciclo de plantación de eucalipto en Galicia, deteriorando aínda máis a biodiversidade e aumentando a inflamabilidade do territorio, cando o necesario nestes intres é ampliar xa a moratoria a novas plantacións ata 2030 e facela efectiva e verificábel.

Medio millón de sinaturas berran Altri NON!

Pedimos reunirnos co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para trasladar os inconvenientes do proxecto, sen que nin sequera produciuse unha resposta. 

Emporiso trouxemos hoxe aquí máis de 560.000 sinaturas que piden á Xunta que emita, dunha vez por todas, unha declaración ambiental desfavorábel e, sobre todo, que deixe de ver o territorio como un simple lugar de extracción de materias primas. A nosa sociedade merece un desenvolvemento acorde co coidado da natureza, que é a que nos dá a vida.

Máis de medio millón de persoas están a se mobilizar contra este desastroso proxecto que poría en perigo zonas especiais de conservación e o modo de vida de milleiros de habitantes. Más de medio millón de sinaturas en apenas uns meses demostran o enorme rexeitamento que está a xerar esta megafactoría de celulosa que quere abrir Altri. Non imos permitir este desastre en Galicia. Une a túa sinatura e axúdanos a ser máis.

“A Xunta non pode calar todo un país”

Os colectivos ecoloxistas e veciñais chamamos a toda a cidadanía a acudir á próxima mobilización (convocada pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa) que terá lugar en Compostela o vindeiro domingo 15 de decembro ás 12:00h para esixir de forma masiva que se desbote o proxecto.

Vémonos nas rúas!
Manoel Santos - autor del blog.
Manoel Santos
Zoólogo y máster en Gestión y Conservación de la naturaleza. Coordinador de Movilización de Greenpeace en Galicia.
8 posts

¡ Comparte !


Comentarios

0 comentarios

¡ Comparte !