ELECCIONES 26 DE MAYO
Greenpeace considera necesario que Santiago de Compostela profundice en el “Plan de Mobilidade” para ser una ciudad sostenible
- A pesar de la apuesta decidida de la capital gallega por la movilidad sostenible es todavía necesario mejorar y ampliar las medidas para desincentivar el tráfico de paso
- La organización ecologista, tras evaluar la sostenibilidad de diez ciudades durante el último año, presenta su visión de una ciudad sostenible para mejorar la salud del planeta de cara a las elecciones municipales del 26 de mayo
- Esta iniciativa se enmarca dentro de la campaña de Greenpeace “Tu Ciudad. Tu Planeta” que pretende situar al medio ambiente y a las personas en el centro de la política en este tiempo de elecciones
(Enlace al informe Tu Ciudad, Tu Planeta)
(MÁS ABAJO EN GALLEGO)
Santiago de Compostela, 9 de mayo de 2019.- Greenpeace considera necesario que Santiago de Compostela profundice con nuevas medidas de movilidad urbana, dentro de su “Plan de Mobilidade” para poder convertirse en una ciudad sostenible. La organización ecologista había propuesto una serie de retos a diez poblaciones españolas (Albacete, Barcelona, Madrid, Palma, Pamplona, Santiago de Compostela, Sevilla, Soria, Valencia y Zaragoza) con el objetivo de convertirse en ciudades “Neopolitan” y, por tanto, pioneras en una revolución urbana que hiciera sus municipios más sostenibles y mejorara la calidad de vida de sus habitantes.
Hoy, dos semanas antes de las elecciones municipales, Greenpeace lanza una serie de propuestas (enviadas a las principales fuerzas políticas que concurren a los comicios) dentro de la campaña de Greenpeace “Tu ciudad, tu planeta”, para situar al medio ambiente y a las personas en el centro de la política en este momento de elecciones.
Retos para convertirse en ciudades sostenibles
En el año 2018 Greenpeace retó a Santiago de Compostela en cuestiones concretas sobre movilidad sostenible, ya que la ciudad muestra un gran potencial para introducir mejoras de forma rápida y efectiva. La propuesta de Greenpeace se basaba en elaborar un calendario de implantación de medidas a ejecutar en 2019, derivadas de las líneas estratégicas plasmadas en el Plan de Mobilidade. A pesar de que dicho calendario no se ha elaborado, sí se han puesto en marcha medidas concretas, como la implantación de la Zona 30 en el ensanche de la ciudad y la instalación de una red reducida de plataformas avanzadas de espera para bicicletas.
A pesar de la buena dirección de las medidas, la capital gallega debería llevar a cabo otras propuestas como configurar una nueva sección en las rondas que rodean el Casco Antiguo (Rúa da Virxe da Cerca, Rúa da Ensinanza…) que garantice la accesibilidad universal y la prioridad peatonal, ciclista y del transporte público según el modelo acordado en el Pacto Local pola Mobilidade.
Por otro lado, Santiago de Compostela, a la hora de implementar medidas que desicentiven el tráfico de paso (peatonalizaciones, cambios de sentido o zonas de prioridad vecinal), ha llevado a cabo la remodelación de algunas calles como la ampliación al espacio destinado al peatón, pero estos cambios han sido de carácter muy aislado y aún existen calles donde el ancho de las aceras es insuficiente.
En comparación con el resto de ciudades evaluadas por Greenpeace, Santiago de Compostela se sitúa a mitad de la tabla, con avances que muestran un compromiso con la movilidad sostenible en la ciudad.
Propuestas de Greenpeace para una ciudad sostenible de cara a las elecciones
Greenpeace ha publicado una serie de medidas dentro de la campaña “Tu Ciudad, Tu Planeta”, dirigidas a los ayuntamientos que salgan de las urnas en las elecciones municipales del 26 de mayo para que afronten su parte de responsabilidad en los principales problemas medioambientales que sufre la sociedad en la actualidad. Las medidas se agrupan en temas sobre los que las administraciones locales tienen competencia como movilidad, alimentación y gestión de residuos.
“Las próximas elecciones municipales suponen una oportunidad excelente para transformar las ciudades en espacios más habitables y más justos. Las administraciones locales, al estar muy próximas a la ciudadanía, tienen mayor responsabilidad y probabilidad de éxito para revertir los problemas que afrontan las ciudades y deben jugar un papel fundamental a la hora de gestar el cambio hacia un planeta más sano y sostenible”, ha declarado María José Caballero, coordinadora del proyecto de Ciudades de Greenpeace.
“No puede haber sostenibilidad sin equidad, igualdad de oportunidades y garantía de derechos. Desde Greenpeace proponemos una mirada de ciudad integral que plantee la gestión medioambiental desde la salud pública, el acceso a los servicios básicos y la propuesta de un desarrollo económico de reparto que garantice una vida digna para todas las personas”,ha añadido Mario Rodríguez, director de Greenpeace España.
Por tanto, y de cara a las Elecciones Municipales del próximo 26 de mayo, Greenpeace propone el siguiente conjunto de medidas sobre movilidad urbana sostenible que considera urgentes para hacer a las ciudades más sostenibles:
- “Ciudad 30”. Reducir la velocidad en nuestras calles para mejorar la seguridad, reducir el ruido y facilitar la circulación a peatones y ciclistas.
- Repartir el espacio público. Evolucionar de un diseño urbano pensado para el coche a otro que priorice el transporte público, la bicicleta y al peatón.
- Mejorar el transporte en superficie. El tranvía y sobre todo el autobús atienden a más usuarios por su mayor cobertura y accesibilidad.
- Tarjeta única de transporte para incentivar el uso del transporte público, especialmente a los viajeros más esporádicos.
Más información:
Manoel Santos, portavoz de Greenpeace en Galicia. 608 25 09 72
Maria José Caballero, coordinadora del proyecto de Ciudades de Greenpeace. 626 99 82 49
Mario Ruiz-Ayúcar, comunicación Greenpeace. 618 54 81 93
Eleccións 26 de maio
Greenpeace considera necesario que Santiago de Compostela afonde no “Plan de Mobilidade” para ser unha cidade sustentábel
-
Malia a aposta decidida da capital galega pola mobilidade sustentábel cómpre aínda mellorar e ampliar as medidas para desincentivar o tráfico de paso
-
A organización ecoloxista, tras avaliar a sustentabilidade de dez cidades durante o último ano, presenta a súa visión dunha cidade sustentábel para mellorar a saúde do planeta para as eleccións municipais do 26 de maio
-
Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña de Greenpeace “A túa cidade, o teu planeta” que pretende situar o medio ambiente e as persoas na cerna da política neste tempo de eleccións
(Ligazón ao informe A túa cidade, O teu planeta)
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019.- Greenpeace aplaude as medidas de mobilidade urbana postas en marcha na cidade de Santiago de Compostela, mais considera que aínda ten que implantar novas políticas para mudar nunha cidade sustentábel. A organización ecoloxista propuxera unha serie de desafíos a dez poboacións españolas (Albacete, Barcelona, Madrid, Palma, Pamplona, Santiago de Compostela, Sevilla, Soria, Valencia e Zaragoza) co obxectivo de se converter en cidades “Neopolitan” e, por tanto, pioneiras nunha revolución urbana que fixese os seus concellos máis sustentábeis e mellore a calidade de vida dos seus habitantes.
Hoxe, dúas semanas antes das eleccións municipais, Greenpeace lanza unha serie de propostas dentro da campaña de Greenpeace “A túa cidade, o teu planeta”, que pretende situar o medio ambiente e as persoas na cerna da política neste tempo de eleccións. As medidas foron enviadas ás principais forzas políticas que concorren aos comicios.
Desafíos para mudar en cidades sustentábeis
No ano 2018 Greenpeace retou a Santiago de Compostela en cuestións concretas sobre mobilidade sustentábel, xa que a cidade amosa un gran potencial para introducir melloras de xeito rápido e efectivo. A proposta de Greenpeace baseábase en elaborar un calendario de implantación de medidas a executar en 2019, derivadas das liñas estratéxicas plasmadas no Plan de Mobilidade. A pesares de que o devandito calendario non se elaborou, si se puxeron en marcha medidas concretas, como aimplantación da Zona 30 no ensanche da cidade e a instalación dunha rede reducida de plataformas avanzadas de espera para bicicletas.
Malia a boa dirección das medidas, a capital galega debería dar conta doutras propostas, como configurar unha nova sección nas roldas que rodean o Casco Antigo (Rúa da Virxe da Cerca, Rúa da Ensinanza…) que garanta a accesibilidade universal e a prioridade peonil, ciclista e do transporte público segundo o modelo acordado no Pacto Local pola Mobilidade.
Doutra banda, Santiago de Compostela, á hora de impulsar medidas que desincentiven o tráfico de paso (peonalizacións, cambios de sentido ou zonas de prioridade veciñal), deu conta da remodelación dalgunhas rúas como a ampliación do espazo destinado ao peón, pero estas mudanzas foron de carácter moi illado e aínda existen rúas nas que o ancho das beirarrúas non é dabondo.
En comparanza co resto de cidades avaliadas por Greenpeace, Santiago de Compostela sitúase pola metade da táboa, con avances que amosan un compromiso coa mobilidade sustentábel na cidade.
Propostas de Greenpeace para unha cidade sustentábel
Greenpeace publicou unha serie de medidas dirixidas aos concellos que saian das urnas nas eleccións municipais do 26 de maio para que afronten as súa parte de responsabilidade nos principais problemas ambientais que hogano sofre a sociedade. As medidas agrúpanse en temas sobre os que as administracións locais teñen competencia como mobilidade, alimentación e xestión de refugallos.
O modo de vida actual nas cidades é predominantemente insustentábel, algo preocupante porque, ao teren máis poboación, é onde máis auga e enerxía se consumen; onde se contamina máis polo transporte; consúmense máis produtos dun só uso e onde tamén se consomen máis alimentos e xéranse máis refugallos, o que derivou na crise ecolóxica que vive o planeta.
“As vindeiras eleccións municipais supoñen unha oportunidade excelente para transformar as cidades en espazos máis habitábeis e máis xustos para os seus habitantes. As administracións locais, ao estaren moi achegadas á cidadanía, teñen maior responsabilidade e probabilidade de éxito para reverter os problemas que afrontan as cidades e deben xogar un papel fundamental á hora de xestar o cambio cara a un planeta máis san e sustentábel”, declarou María José Caballero, coordinadora do proxecto de Cidades de Greenpeace.
Xa que logo, e para as Eleccións Municipais do vindeiro 26 de maio, Greenpeace propón o seguinte conxunto de medidas sobre mobilidade urbana que considera urxentes para facer as cidades máis sustentábeis:
- “Cidade 30”. Diminuír a velocidade nas nosas rúas para mellorar a seguridade, reducir o ruído e facilitar a circulación a peóns e ciclistas.
- Repartir o espazo público. Evolucionar dun deseño urbano pensado para o coche a outro que priorice o transporte público, a bicicleta e o peón.
- Mellorar o transporte en superficie. O tranvía e sobre todo o autobús atenden a máis usuarios pola súa maior cobertura e accesibilidade.
- Tarxeta única de transporte para incentivar o uso do transporte público, especialmente aos viaxeiros máis esporádicos.
Máis información:
Manoel Santos, voceiro de Greenpeace en Galicia. 608 25 09 72
María José Caballero, coordinadora do proxecto de Cidades de Greenpeace. 626 99 82 49
Mario Ruiz-Ayúcar, comunicación Greenpeace. 618 54 81 93