Entrada de blog por Manoel Santos - 15-03-2024


NON ao xigantesco monstro de celulosa que ameaza o corazón de Galicia

Aínda non somos conscientes do golpe que suporá para a natureza galega a incomprensíbel sentenza do Tribunal Supremo que avalou a prórroga de 60 anos concedida polo Partido Popular a Ence para eternizarse na ría de Pontevedra, cando nos atopamos con que a Xunta de Galicia aposta por instalar unha nova fábrica de celulosa no corazón –Palas de Rei, comarca da Ulloa– deste maltratado país. Estamos, se cadra, diante dun dos proxectos industriais máis lesivos e atolados que vimos nas últimas décadas.

A promotora é a portuguesa Altri, que xa conta con tres pasteiras no país veciño, pero que ao longo do proceso transformouse en Greenfiber S.L., unha sociedade de nova creación na que participa cun 25% Greenalia. Esta última é a empresa de renovábeis que abriu a porta xiratoria á ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato. Ninguén explicou aínda se esta modificación, que a Xunta declarou como “non substancial”, ten que ver con disfrazar a Altri de peme galega para facilitar o acceso aos fondos europeos Next Generation correspondentes ao Estado español. 

Nas súas previsións Altri agarda obter unha cuarta parte do investimento total destes fondos públicos, uns 250 millóns de euros. Case que nada. Sería moi difícil de explicar o destinar fondos de recuperación, transformación e resiliencia a unha industria que, como veremos, non parece cumprir o Principio DNSH (Do Non Significant Harm), condicionante indispensábel para vixiar que o destino dos cartos non afecte a cuestións como a “protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas” e o “uso sostíbel e a protección dos recursos hídricos e mariños”.

Desde os primeiros anuncios da Xunta de Galicia celebrando as intencións de Altri en 2022, vimos como o que pregoaron como “un proxecto innovador e ambicioso para producir Lyocell, un tecido de alta calidade, máis ecolóxico que as fibras artificiais” revelouse como o que é, unha celulosa encuberta.

As cifras arrepían. Se nos fiamos dos datos de Altri, a factoría ocupará dez veces a superficie de Ence en Pontevedra e as súas instalacións afectarán a máis de 800 leiras, moitas pola vía da expropiación. A autochamada “biofábrica” –prefixo que insulta á intelixencia colectiva– requirirá unha captación de 46 millóns de litros de auga acotío, tanto como consome toda a provincia de Lugo, e un permiso de vertedura industrial ao río Ulla de 30 millóns de litros diarios de augas residuais contaminadas e previamente tratadas, ou maltratadas. Na súa solicitude de captación a Augas de Galicia, por un período de 75 anos, non tivo nin sequera en conta as proxeccións futuras de cambio climático. 

A xigantesca fábrica, que utilizará só madeira de eucalipto, terá unha capacidade final de produción anual de 400.000 toneladas de pulpa de celulosa e 200.000 de Lyocell, ademais doutros subproductos como biomasa e xeso. Tamén prevé que as súas emisións á atmosfera sexan de xofre, óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e material particulado, para o que instalará unha cheminea de 75 metros de altura como único foco emisor. A maxestosidade da torre homenaxe do castelo de Pambre, a moi pouca distancia en pleno Camiño de Santiago, terá difícil competir con isto.

E se as cifras son para asustar máis o son aínda as afeccións ambientais ás que nos enfrontamos. Para comezar, a localización escolleita é indecente. O proxecto implica a creación dun enorme polígono industrial que lindará cun espazo da Rede Natura (ZEC Serra do Careón). Pero é que ademais os terreos da pasteira son parte das propostas de ampliación da rede Natura de 2008 e de 2011 da propia Xunta e que hoxe lastimosamente están a apodrecer nalgún caixón. Acollen varias especies en perigo de extinción, endemismos únicos no mundo e até 17 especies que deben ser obxecto de medidas de conservación segundo a Unión Europea. É escandaloso comprobar como o que en 2011 era a silueta dunha zona para protexer hoxe coincide exactamente co perfil da instalación.

En vermello proposta de ampliación da rede Natura de 2011.A silueta coincide exactamente co proxecto da celulosa.

Lembremos, como agravante, que Galicia conta coa menor superficie de rede Natura do Estado, menos dun 12% fronte a unha media que supera o 27%, e que nunca atendeu os requirimentos da Comisión Europea para corrixir estas deficiencias, tanto en representatividade de hábitats como nos seus ineficaces instrumentos de xestión.

Mais o perigo que supón a celulosa non se restrinxe a Palas de Rei. A captación e vertedura de augas no río Ulla, a segunda conca en importancia de Galicia, serán unha ameaza constante para as explotacións agrogandeiras da zona, moitas producindo en ecolóxico, para outros espazos da rede Natura augas abaixo, como o ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza, e sobre todo para a Ría de Arousa e parte dos mellores bancos marisqueiros e ecosistemas mariños litorais de Europa. 

Neste camiño sen sentido, no que a proposta estrela de “desenvolvemento sostíbel” que nos presenta a Xunta é a industrialización do medio rural e a insistencia en fomentar unha cadea produtiva da madeira de moi baixo valor engadido –Ence exporta o 96% da súa pasta celulósica ao Norte de Europa–, non é en absoluto críbel que a nova pasteira non vaia a supor unha maior eucaliptización do país, hoxe xa dramática. A permisividade con estes monocultivos puxo en franco perigo a integridade ecolóxica de todo o noroeste peninsular.

De feito, a empresa indica que nunha primeira fase producirá aproximadamente a metade da súa capacidade total, para o que necesitará ao redor de 1,2 millóns de toneladas de eucalipto ao ano, polo que a pleno rendemento estariamos a falar de 2,4 millóns de toneladas, case o 40% do que se cortou en Galicia en 2022. Coa súa chegada, serían xa dúas as celulosas instaladas en Galicia, ao que habería que sumar a de Ence-Navia (Asturias), que se fornece en gran medida de eucalipto da Mariña lucense e o xigante luso Navigator, que tamén merca e aluga leiras de eucalipto en Galicia e Asturias. A ecuación está clara: máis competencia, máis prezo, máis eucalipto.

Sobre inflamabilidade da paisaxe e a fabricación compulsiva de Lyocell para alimentar a moda rápida, segundo a ONU a segunda industria máis contaminante do planeta, falamos outro día. Porque son moitos máis os medos que xorden cun proxecto tan desatinado. E volvemos ao principio. Encaixamos o golpe do Tribunal Supremo e seguiremos loitando para sacar Ence da ría de Pontevedra no Tribunal Constitucional. De igual xeito, apoiaremos na medida das nosas posibilidades a todas as persoas e organizacións que, como a Plataforma Ulloa Viva, cren que este modelo socioeconómico de crecemento infinito que nos propoñen, extraordinariamente agresivo co medio natural, non encaixa en absoluto cos límites ambientais de Galicia. E do planeta.

Manoel Santos - autor del blog.
Manoel Santos
Zoólogo y máster en Gestión y Conservación de la naturaleza. Coordinador de Movilización de Greenpeace en Galicia.
6 posts

¡ Comparte !


Comentarios

22 comentarios
Hector Ares Sánchez 16/03/2024

Como siempre la voraz industria y el beneficio de unos pocos quiere condenar nuestro hogar y el de nuestros hijos a un lugar donde la vida desaparezca completamente. Pero lucharemos con todas nuestras fuerzas para parar este despropósito.

Responder
María Agolada 17/03/2024

No a la destruccion de el corazon de Galicia. https://www.change.org/p/impedir-f%C3%A1brica-de-altri-en-el-centro-de-galicia-stop-altri-destroying-the-river-ecology

Responder
Helena Gil 18/03/2024

Non á destrución da natureza e a explotación dos nosos recursos naturais

Responder
Ma José Taboada 18/03/2024

No a la destrucción de la Naturaleza.
No a sólo pensar en ganar dinero.

Responder
Carlos Dias 18/03/2024

Lisboa 18 de marzo de 2024
Estimado Señor Manoel Santos.
Carlos Alberto Fernandes Dias, periodista del Diario PÚBLICO (Lisboa), titular de la cédula profesional número 6813, solicita las siguientes aclaraciones:

Por la información que recogí en tu blog conocí un proyecto de la empresa portuguesa Altri para procesar celulosa en una fábrica de Palas de Rei (Lugo).
Esta promoción se instalará junto a un parque natural

Pregunto:
¿El proyecto ya está en marcha o a punto de comenzar?

¿Los recursos hídricos de la región donde se instalará la fábrica ponen en riesgo el acceso al agua para actividades agrícolas y consumo humano de las poblaciones vecinas a la futura fábrica?

¿El volumen de pasta de papel que se transformará en Palas de Rei se produce íntegramente en la región o alguna materia prima procederá de Portugal?

Por lo que leí en tu texto, el importe total de fondos comunitarios que se invertirán en el proyecto será de 250 millones. ¿Está correcto?

¿El proceso de tratamiento de agua utilizado en el proceso de fabricación de celulosa de papel garantiza la recuperación de su calidad?

Además de pulpa de papel, la nueva fábrica también producirá Lyocell. ¿Confirmar?

¿Cómo están reaccionando las comunidades locales ante la instalación de esta fábrica?

Sin mas de momento
Pido disculpas por el mal español usado en mi texto.
Agradecería respuestas a las preguntas planteadas antes de las 16:00 horas del próximo viernes 22 de marzo a:

Correo electrónico: picamiolos135@gmail.com
Móvil - 925595402
Gracias por su atención
Carlos Días

Responder
Ramón 20/03/2024

Carlos Dias: Me vas a perdonar, ya te contesto yo: ya puedes esperar sentado a que el señor Manoel Santos o Greenpeace España, o Greenpeace Internacional te contesten. Y lo digo con dolor, en Galicia estamos esperando que rompan su silencio cómplice de las políticas de aerogeneradores, filtraciones contaminantes de minas, implantación de ALTRI... en fin...a lo mejor tú tienes suerte y te dicen algo así como "estamos trabajando en ello" (desde hace un año.
Sí su coordinador tuviera un mínimo de decencia, se iría y se llevaría con él a todos los activistas gallegos
con sus cuotas para otro grupo ecologista gallego.
Yo ya lo hice.

Manoel Santos 20/03/2024

Bom dia Carlos, vou escrever por e-mail

blanca Caamaño González 18/03/2024

Preservar la naturaleza de tal agresión.

Responder
José 18/03/2024

¿Hay algún lugar en donde firmar?

Responder
Ramón 20/03/2024

Sí puedes rellenar alegaciones en Papel, las deberían tener en todos los concellos, yo lo hice en Rianxo en dos minutos, ya te lo dan hecho prácticamente.

Fernando Dacosta 19/03/2024

Os xigantes son eólicas e chemineas
O resultado, devastación e incendios
E as persoas que se opoñen, Quixotes.
Collamos a lanza

Responder
Xosé Marcelo 19/03/2024

Defendamos o noso patrimonio natural ou estaremos condenados á emigración forzosa novamente. Por un planeta verde e unha Galiza independente, loitemos unidas contra a depredación do territorio!

Responder
Pilar Amaro Caamaño 19/03/2024

Galicia non é un esterqueiro

Responder
María 20/03/2024

Non a comernos nós a contaminación para que catro depredadores se poñan máis ricos

Responder
Francisco José Roca López 20/03/2024

Otro proyecto de la Xunta que hipoteca el futuro de Galicia por unas migajas para el pueblo y eso si su parte

Responder
Maria 20/03/2024

🙃

Responder
Eduardo Toba Blanco 21/03/2024

NON MÁIS CELULOSAS NIN EUCALIPTUS EN GALICIA. NON

Responder
Alicia Bellon Santiago 24/03/2024

Firmas, necesitamos firmas. Cread plataforma por favor

Responder
Teresa González González 27/03/2024

Defendamos nuestra tierra de estos monstruos

Responder
Miguel Ángel 15/04/2024

No a la venta de suelo gallego en beneficio de los de siempre y consecuencias ambientales catastróficas.
NO NO NO

Responder
Quico Recondo 17/04/2024

Non imos tolerar ista desfeita
Temos que parar os 250 millóns que precisan
Toda Galiza tén que se implicar nesta tarefa
Que a movilización sexa máis masiva do que nunca
Que ULLOA VIVA convoque
Non a darán feito

Responder
freirelouro@gmail.com 23/04/2024

NOM!!!

Responder

¡ Comparte !