Usamos cookies para mejorar tu experiencia.
Entendemos que estás de acuerdo si sigues navegando.

Greenpeace y Comuneros de A Madroa celebran el 20 aniversario del acuerdo de recuperación del bosque atlántico gallego

03-05-2019

  • Voluntarios de ambas organizaciones desarrollarán trabajos de mantenimiento en el souto de castaños plantados en 1999 para mejorar las condiciones ecológicas del monte A Madroa (Vigo)
  • La recuperación del bosque atlántico gallego con especies autóctonas ha mejorado la biodiversidad, la lucha contra el cambio climático y la resiliencia ante incendios
  • La Comunidad de Montes de Teis y otras comunidades de montes han sido distinguidas por la ONU por sus buenas prácticas para recuperar la biodiversidad

Voluntarios de Greenpeace volverán este domingo a colaborar con la Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de Teis (Vigo, Pontevedra) en su monte de A Madroa, con el objetivo de celebrar una jornada de conocimiento del proyecto de recuperación del monte de esta parroquia viguesa y realizar trabajos de mantenimiento en el souto que se plantó hace 20 años con la colaboración de Greenpeace.

Tras más de dos décadas de trabajo, los Comuneros de Teis han demostrado que su visión de recuperar el bosque atlántico en el monte de A Madroa no fue una quimera. Además de continuar con la eliminación de las especies invasoras, las especies propias del bosque atlántico gallego, plantadas durante dos décadas en el proyecto “Echando Raíces”, conforman hoy en día una masa forestal de sumo interés por su biodiversidad.

“Este año se cumplen 20 años del comienzo de la colaboración de Greenpeace con la Comunidad de Montes en Mano Común de Teis” ha señalado Manoel Santos, portavoz de Greenpeace en Galicia. “Aunque todavía queda mucho por hacer, los comuneros han demostrado que es posible apostar por la recuperación del bosque atlántico gallego, aumentar la biodiversidad del bosque, contribuir a la lucha contra el cambio climático y reducir el impacto y la virulencia de los incendios forestales”.

A Madroa es un pequeño monte periurbano del municipio de Vigo propiedad de sus vecinos y situado en la parroquia de San Salvador de Teis. Tras más de medio siglo de usurpación por parte del Estado, la recuperación del régimen de propiedad comunal comenzó en 1997. Cuando A Madroa volvió a la categoría de Monte Vecinal en Mano Común, en 1998, la práctica totalidad del monte estaba cubierta por una repoblación de Pinus pinaster (piñeiro bravo o pino gallego) con una edad de entre 40 y 55 años y en una situación fitosanitaria muy mala. Bajo esta cubierta arbórea, la mayor parte del monte estaba infestada de una especie invasora muy difícil de erradicar: la acacia negra (Acacia melanoxylon).

Greenpeace y la Comunidad de Montes de Teis firmaron un acuerdo en 1998 para colaborar en la recuperación de las condiciones naturales de A Madroa y, de manera especial, en la sustitución progresiva de las especies invasoras por especies propias del bosque atlántico.

En el invierno de 1999, una vez eliminada la masa de piñeiro y acacia negra, se llevó a cabo la plantación de especies arbóreas y arbustivas propias del bosque atlántico gallego: Castiñeiro (Castanea x hybrida), Carballo (Quercus robur), Acivro (Ilex aquifolium), Érbedo (Arbutus unedo), Estripeiro (Crataegus monogyna), Loureiro (Laurus nobilis), Nogueira (Juglans regia) y Pereira brava (Pyrus cordata).

Más de 20 años después, este pequeño rodal es un precioso bosque con portes considerables que demuestra que otra política forestal es posible, y es también una prueba fehaciente de que es posible restaurar los montes gallegos y aumentar su biodiversidad y resiliencia al fuego.

Distinción de las Naciones Unidas

Naciones Unidas distinguió en 2018 a las comunidades de montes gallegas de Froxán, Covelo y Teis por su eficacia en la conservación. Figuran en una lista de buenas prácticas bajo las siglas en inglés ICCA, “Áreas Conservadas por Comunidades Locales”. Esta certificación es un reconocimiento de los valores sociales, ambientales y económicos de la experiencia comunal, experiencia avalada y promovida desde la oficina de Medio Ambiente de las Naciones Unidas, PNUMA-WCMC. Los Montes Vecinales son una herramienta de gobernanza comunal, una forma de copropiedad de origen germánico, con la que los vecinos pueden tomar decisiones directas mediante el consenso sobre el territorio que habitan.

______________________________________________________________

Greenpeace e Comuneiros da Madroa realizan traballos de mellora do monte no 20 aniversario do seu acordo de colaboración para recuperar o bosque atlántico galego

  • Voluntariado de ambas as dúas organizacións desenvolverá traballos de mantemento no souto de castiñeiros, plantados en 1999 para mellorar as condicións ecolóxicas do monte da Madroa (Vigo)
  • A recuperación do bosque atlántico galego con especies autóctonas mellorou a biodiversidade, a loita contra o cambio climático e a resiliencia perante os incendios
  • A Comunidade de Montes de Teis e outras comunidades de montes foron distinguidas pola ONU polas súas boas prácticas para recuperar a biodiversidade

Vigo, 3 de maio de 2019-. Voluntarios e voluntarias de Greenpeace volverán o domingo a colaborar coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Teis (Vigo) no seu monte da Madroa, co obxectivo de celebrar unha xornada de coñecemento do proxecto de recuperación do monte desta parroquia viguesa e realizar traballos de mantemento no souto que se plantou hai 20 anos coa colaboración de Greenpeace.

Logo de máis de dúas décadas de traballo, os Comuneiros de Teis demostraron que a súa visión de recuperar o bosque atlántico no monte da Madroa non foi unha quimera. Amais de continuar coa eliminación das especies invasoras, as especies propias do bosque atlántico galego, plantadas durante dúas décadas no proxecto “Echando Raíces”, conforman hogano unha masa forestal de sumo interese pola súa biodiversidade.

“Este ano cúmprense 20 anos do comezo da colaboración de Greenpeace coa Comunidade de Montes en Man Común de Teis” sinalou Manoel Santos, coordinador de Greenpeace en Galicia. “Aínda que queda moito por facer, os comuneiros demostraron que é posíbel apostar pola recuperación do bosque atlántico galego, aumentar a biodiversidade do bosque, contribuír á loita contra o cambio climático e reducir o impacto e a virulencia dos incendios forestais”.

A Madroa é un pequeno monte periurbano do concello de Vigo, propiedade dos seus veciños e veciñas e emprazado na parroquia de San Salvador de Teis. Logo de máis de medio século de usurpación por parte do Estado, a recuperación do réxime de propiedade comunal comezou en 1997. Cando A Madroa volveu á categoría de Monte Veciñal en Man Común, en 1998, a práctica totalidade do monte estaba cuberto por unha repoboación de Pinus pinaster (piñeiro bravo ou piñeiro galego) cunha idade de entre 40 e 55 anos e nunha situación fitosanitaria moi mala. Baixo esta cuberta arbórea, a meirande parte do monte estaba ateigado dunha especie invasora moi mala de erradicar: a acacia negra (Acacia melanoxylon).

Greenpeace e a Comunidade de Montes de Teis asinaron un acordo en 1998 para colaborar na recuperación das condicións naturais da Madroa e, de xeito especial, na substitución progresiva das especies invasoras por especies propias das fragas galegas. No inverno de 1999, unha vez eliminada a masa de piñeiro e acacia negra, deuse conta dunha plantación de especies arbóreas e arbustivas propias do bosque atlántico galego: Castiñeiro (Castanea x hybrida), Carballo (Quercus robur), Acivro (Ilex aquifolium), Érbedo (Arbutus unedo), Estripeiro (Crataegus monogyna), Loureiro (Laurus nobilis), Nogueira (Juglans regia) e Pereira brava (Pyrus cordata).

Máis de 20 anos despois, esta pequena parcela é unha preciosa fraga con portes considerábeis que demostra que outra política forestal é posíbel, e é tamén unha proba nídia de que é posíbel restaurar os montes galegos e aumentar a súa biodiversidade e resilencia ao lume.

Distinción das Nacións Unidas

Nacións Unidas distinguiu en 2018 ás comunidades de montes galegas de Froxán, Covelo e Teis pola súa eficacia na conservación. Figuran nunha listaxe de boas prácticas baixo as siglas en inglés ICCA, “Áreas Conservadas por Comunidades Locais”. Esta certificación é un recoñecemento dos valores sociais, ambientais e económicos da experiencia comunal, afianzada e promovida desde a oficina de Medio Ambiente das Nacións Unidas, PNUMA- WCMC. Os Montes Veciñais en Man Común son unha ferramenta de gobernanza comunal, un xeito de propiedade de orixe xermánica, coa que os veciños e as veciñas poden tomar decisións directas mediante o consenso sobre o territorio que habitan.


¡ Comparte !