Greenpeace é unha organización independente política e economicamente, que utiliza a acción directa non violenta para atraer a atención pública cara aos problemas globais do medio ambiente e impulsar as solucións necesarias para ter un futuro verde e en paz.
Por iso, cando recibimos unha gran doazón que apoia e aposta polo noso xeito de facer, é motivo de celebración. Para Greenpeace, unha gran doazón é unha grande acción!
Que facemos coas grandes doazóns?
- 3.000 €: proporcionamos aos nosos activistas un traxe de supervivencia no Ártico para resistiren o frío polar durante as accións.
- 9.000 €: mantemos a tripulación do Rainbow Warrior, o noso barco insignia, durante un mes.
- 25.000 €: podemos obter unha embarcación tipo “zodiac”, elemento chave nas nosas accións e investigacións no mar.
- 55.000 €: dotamos de orzamento anual a nosa campaña para protexer os ecosistemas e a biodiversidade que son críticos para o cambio climático, con especial atención aos bosques e océanos, e reducir a conivencia entre o poder corporativo e os gobernos.
Criterios para aceptación de doazóns
Greenpeace España non poderá ceder o uso do nome aos seguintes tipos de entidades:
- Empresas
- Organismos de goberno de calquera ámbito ou nivel
- Partidos políticos
- Sindicatos
- Entidades de carácter relixioso
- Fundacións coas seguintes características: relacionadas con partidos políticos, sindicatos ou entidades financeiras; establecidas para canalizaren doazóns de empresas; relacionadas con empresas protagonistas das nosas campañas, positiva ou negativamente, no presente ou nos últimos 3 anos.
Greenpeace España non poderá ceder o uso do nome a persoas físicas:
- Que ocupen cargos relevantes en gobernos, organizacións gobernamentais, partidos políticos, sindicatos ou fundacións incluídas na restrición anterior.
- Propietarias, accionistas maioritarias ou que ocupen cargos relevantes en entidades bancarias ou empresas protagonistas das nosas campañas, positiva ou negativamente, no presente ou nos últimos 3 anos.
Contacta connosco
Patricia Prieto
Relación con Grandes Doantes
Se queres facer unha gran doazón e desexas información verbo de como facelo e coñecer cal é a repercusión que a túa doazón ten no noso traballo, non dubides en pórte en contacto connosco. E, se preferires, podemos facerche unha proposta de colaboración personalizada.