O meu veciño quere cortar unha árbore de moito valor; querería denunciar a talla dunha árbore…


Moitas grazas por pórte en contacto con Greenpeace. Greenpeace é unha organización internacional que traballa para combater os problemas ambientais do planeta, dando prioridade a aqueles que afectan en maior grao a todo o mundo. Algúns destes problemas son a deforestación, a talla ilegal, a perda de biodiversidade, a utilización de leña en gran parte dos países en desenvolvemento, etc.

Por este motivo, os problemas de carácter doméstico ou moi locais, que sen dúbida son reais e importantes, non son obxecto do traballo de Greenpeace.

Greenpeace non fai campañas nin toma posicións nos casos coma o que denuncias. Se ti cres que se está a realizar unha infracción, debes poñelo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, o Seprona.

En calquera caso, agradecémosche a túa preocupación polo medio ambiente e animámoste a que participes de xeito activo na protección das árbores e dos bosques.