Claves a favor do territorio, as personas e a xustiza social
Galicia ten enormes desafíos que deben ser abordados na seguinte lexislatura polo 
Parlamento galego e a Xunta de Galicia. O novo ciclo electoral ten que nos conducir 
a unha sociedade que poña no centro o benestar das persoas e a xustiza social, así 
como o coidado do territorio galego e do planeta. A ciencia dinos que esta década 
é crucial para actuar contra a crise climática1 e que os catro vindeiros anos serán 
decisivos para pór en marcha as mellores propostas, estreitar a colaboración das 
institucións e implicar decisivamente á cidadanía. O noso planeta está doente2 e a 
urxencia do desafío que temos diante require estar á altura. 
Debemos superar a noción de cambios cosméticos. Necesitamos unha mudanza 
revolucionaria na nosa forma de pensar e de actuar, e a boa nova é que iso suporá 
unha enorme oportunidade de progreso e benestar para a gran maioría das persoas. 
Fronte a minorías que acaparan a riqueza, depredan os recursos e o patrimonio 
natural, escapan das súas responsabilidades democráticas, desvían a atención da 
opinión pública e ignoran ás futuras xeracións, é tempo de expor alternativas 
dende unha acción política valente e sen distraccións. 
Outro modelo de sociedade e de economía en paz co planeta é posíbel e querémolo 
construír con e dende a xente, coa convicción de que é posíbel reforzar os lazos de 
solidariedade que nos unen, que nos fan máis resilientes e que nos brindarán un 
futuro mellor. 
Aquí presentamos oito claves para avanzar cara a un rumbo verde en favor do 
territorio, das persoas e a xustiza social no contexto das vindeiras eleccións ao 
Parlamento de Galici
