Como logra os seus obxectivos?


Greenpeace opera baixo o principio de que a presión pública, a acción directa non violenta por parte de individuos e os grupos de presión a nivel político producen cambios positivos para a resolución de problemas ambientais.

  • Acción directa non violenta: Greenpeace utiliza a acción directa pacífica para chamar a atención do mundo cara a cuestións ambientais.
  • Mobilización pública: Nas rúas e a través da participación vía web, correos electrónicos e teléfono implicamos a xente nas nosas campañas para que a presión pública oriente a empresas e gobernos a tomar as medidas axeitadas en materia ambiental.
  • Grupo de presión política: Traballamos para introducir na axenda política os problemas ambientais máis urxentes.