Como podo saber se están a venderme peixe inmaturo? Que podo facer se o vexo nun comercio?


Greenpeace anima aos consumidores a que realicen denuncias sobre a venda ilegal de peixe inmaturo en mercados e restaurantes. Para levar a cabo esta denuncia, hai que pórse en contacto co SEPRONA, o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, chamando ao teléfono 062 para que che faciliten o teléfono da patrulla do Seprona máis próxima, ou escribindo ao enderezo electrónico: seprona@guardiacivil.es. Só o SEPRONA pode efectuar correctamente a denuncia, xa que teñen que estar presentes na recolección das probas do delito.

Para coñecer os tamaños mínimos de captura e consumo no Estado Español, podes consultar a páxina web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, onde está actualizada a lexislación correspondente a cada caladoiro: Arquipélago Canario, Cantábrico e Nordeste e Golfo de Cádiz, e Mediterráneo.