Como e cando se fundou?


Greenpeace fundouse en Vancouver, Canadá, en 1971, cando un grupo de activistas levaron a cabo accións directas non violentas contra as probas nucleares que os Estados Unidos estaban a realizar en Amchitka, unha illa volcánica nas Illas Aleutianas, ao oeste de Alasca.

En España, a oficina de Greenpeace inaugurouse no ano 1984.

Fai clic aquí para ler máis sobre a historia de Greenpeace.