Pode ocorrer un accidente nuclear en España?


Un accidente nuclear catastrófico como os de Fukushima ou Chernóbil pode producirse nalgún lugar do mundo unha vez cada 10 ou 20 anos, segundo o prestixioso Instituto Max Planck de Alemaña.

No caso de Fukushima, o terremoto e o tsunami non causaron o accidente nuclear, senón que foron os erros do Goberno xaponés, dos reguladores e da industria nuclear. Así o afirma Greenpeace, e así o corroborou o informe encargado polo Parlamento de Xapón a expertos independentes. A enerxía nuclear non é segura.

Non debemos esquecer que as nucleares en España son incapaces de resistir terremotos cunha aceleración horizontal de 0,3 g como o regulador esixe agora, despois de Fukushima. A aceleración horizontal do terremoto de Lorca en 2011 foi de 0,36 g. Ten un grave risco de inundación en caso de rotura de encoros augas arriba ou por precipitacións extremas, o tempo de reacción é demasiado curto (11 horas) antes de que a auga comece a ferver na piscina de combustíbel nuclear gastado no peor escenario avaliado. Nin o operador da planta nin o regulador avaliaron os riscos externos como o choque dun avión ou atentados terroristas.

Dende un ataque terrorista a calquera outra situación de perigo, como un incendio, poden ocasionar un accidente de consecuencias imposíbeis de predicir.