Que fai o voluntariado de Greenpeace?
A rede de voluntariado é unha parte fundamental do traballo da organización. Apoia o traballo que realiza Greenpeace e espalla as campañas mediante a realización de actividades de información, sensibilización, denuncia ou protesta. Unha persoa voluntaria pode desempeñar diferentes roles, como:
- Actividades na rúa para sensibilizar e denunciar malas prácticas en materia de refugallos, mobilidade sostíbel, consumismo ou dano causado polas enerxías fósiles.
- Faladoiros de concienciación en escolas, eventos e cinefórums.
- A creación e desenvolvemento de proxectos reais para cambiar a realidade de cidades e/ou provincias. Mira os proxectos territoriais que xa se puxeron en marcha!
- Incidencia política nas súas rexións mediante xuntanzas con cargos políticos.
- A difusión das denuncias e campañas de Greenpeace a través da xestión das redes sociais.
Se queres ser voluntario/a ou saber máis sobre as nosas actividades, entra en Greenwire, a nosa plataforma de mobilización cidadá, ou escríbenos a ves@greenpeace.org.