Traballa Greenpeace dende a perspectiva de xénero?


Ademais da transparencia ou a independencia, entre os valores de Greenpeace atópase a igualdade de xénero. Sen eses valores, o mundo xusto e en paz no que cremos non sería posíbel.

Greenpeace aposta por un ecoloxismo que integre a perspectiva de xénero e que recoñeza, por exemplo, que son as mulleres quen máis sofren as consecuencias do cambio climático e do acceso desigual aos recursos e que é imprescindíbel recoñecer o seu papel como axentes do cambio.

Dende 2014, Greenpeace España conta cun grupo de traballo que avalía e garante que a perspectiva de xénero está incluída en todas as políticas da organización.

Podes descargar aquí a nosa política de xénero. Versión en inglés aquí.