Xa non valoramos a nosa roupa, senón que mercamos e refugamos. A medida que os prezos e as calidades caen, podemos permitirnos o luxo de mercar roupa nova sen pensalo dúas veces. É a perigosa adicción da moda rápida. Pero podemos romper esta espiral de consumismo se repensamos as nosas relacións coa roupa que xa posuímos.

#1
Coida e quere a túa roupa

Se conservas a túa roupa un ou dous anos máis, reduces as súas emisións de CO2 nun 24 %. Non só aforras cartos, senón tamén auga e materias primas. Evitamos que os produtos químicos e os pesticidas danen os ríos, o solo e a vida silvestre e recortamos o uso de combustíbeis fósiles.

#2
Faino ti mesmo/a

Aprende costura, transforma os refugallos en obxectos de valor, arranxa a túa roupa…

#3
Cámbiaa con alguén

O xeito máis sinxelo de alongares a vida da túa roupa é dáreslle un novo uso. A outra persoa pódelle servir!

#4
Merca en tendas de segunda man e vintage, centros de bricolaxe e artesanía, obradoiros de reparación, mercados de roupa ou de intercambio de prendas de vestir

O novo non sempre é o mellor 😉

#5
Merca roupa sen tóxicos

É doado: se vas mercar nunha gran superficie, comproba que participe na nosa campaña Detox, aínda que é mellor se apostas por negocios locais cunha produción local e con principios sostíbeis. Cada vez hai máis!