Os nosos barcos son unha ferramenta vital para as nosas campañas, permítennos sermos testemuñas e actuarmos fronte ás ameazas que sofre o medio ambiente.

Rainbow Warrior
Unha lenda india deu orixe ao nome do que foi buque insignia da organización: un antigo pesqueiro adquirido por Greenpeace en 1978 e bautizado co nome de Rainbow Warrior (Guerreiro do Arco da Vella).

Arctic Sunrise
Dende 1996, este buque crebaxeos suca os mares das rexións polares soportando as condicións máis extremas. En 2013, tras unha protesta pacífica para reclamar a protección do Ártico, foi retido xunto con toda a súa tripulación polo goberno ruso e permaneceu 9 meses no porto de Murmansk.

Witness
Este innovador e ecolóxico veleiro foi o último en se incorporar á nosa frota. Con pouco máis de 22 metros de eslora, é o noso barco máis pequeno. Está preparado para navegar en augas pouco profundas ás que non se pode acceder con barcos máis grandes. Esta embarcación tamén está deseñada para expedicións polares.