Usamos cookies para mellorar a túa experiencia.
Entendemos que estás de acordo se segues navegando.

O grupo local de Greenpeace en Vigo organiza unhas xornadas alternativas ao Black Friday o vindeiro 29 de novembro

25-11-2019

  • A organización ecoloxista desenvolve a terceira edición do HAZ, un evento a nivel internacional onde se organizan obradoiros sobre creación, reutilización, reciclaxe e reparación de produtos como alternativa ao hiperconsumo do Black Friday
  • Dúas semanas antes do comezo do Cume do Clima en Madrid, Greenpeace lembra que o modelo actual de consumo é insustentábel polo grave impacto no medioambiente

O grupo local de Greenpeace en Pontevedra organiza a terceira edición de HAZ os vindeiros 29 e 30 de novembro, un evento internacional alternativo ao Black  Friday que ten como obxectivo combater as compras innecesarias e masivas con accións máis respectuosas co medio ambiente como crear, compartir, intercambiar ou arranxar.

A nova edición do HAZ en Vigo dará comezo o venres 29 no Centro Cívico de Teis (Vigo) ás 18:00h cun obradoiro de electricidade básica e outro sobre cociña sustentábel, no cal se impartirá un aula sobre como cociñar iogurt e leite vexetal de xeito caseiro. 

O sábado 30, de novo no Centro Cívico de Teis, concentrará a meirande parte dos obradoiros como, por exemplo, sobre alternativas ao consumo, reparación de bicicletas, elaboración de compostaxe, un obradoiro para nenos e nenas ou unha mesa redonda sobre consumo responsábel e sustentábel. 

Aquelas persoas interesadas en asistir e participar dos obradoiros, débese reservar praza entrando na seguinte páxina web: https://forms.gle/XBB9t97fpa7SpobV9 

HAZ e o modelo insustentábel de consumo

Un ano máis se volve celebrar o Black Friday e, con el, un dos meirandes picos do consumismo desaforado do noso país, especialmente en moda, cando xestos pequenos como conservar a roupa uno ou dous anos máis, reduciría as emisións de CO2 un 24%.

A pregunta sería cantas desas compras son realmente necesarias? Iso nunca o saberemos. O que si sabemos é o impacto que o consumo descontrolado xera no ambiente: aumento do cambio climático e perda de biodiversidade. Algúns exemplos:

PLÁSTICOS: Millóns de toneladas de plásticos chegan aos nosos océanos cada ano, afectando á fauna mariña, e só se reciclou o 9% do plástico mundial

ALIMENTACIÓN: Para producir 1kg de carne de vacún son necesarios até 15.000 litros de auga e a gandería é responsábel do 14,5% das emisións de gases de efecto invernadoiro

MOBILIDADE: En España, 30.000 persoas morren cada ano polas emisións contaminantes do transporte

ROUPA: Cada ano fabrícanse 100.000 millóns de pezas de roupa, e boa parte dela contén  poliéster, que é plástico que se desprende como microplástico. Asemade, cada persoa merca un 60% máis de roupa que hai 15 anos e a conserva a metade de tempo.

Emporiso, un ano máis Greenpeace organiza o HAZ, un evento que xunta diferentes xornadas de creatividade fronte a consumismo, con obradoiros, espazos de troco, conferencias, proxeccións co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade dun cambio do modelo de consumo actual.


Comparte!