Usamos cookies para mellorar a túa experiencia.
Entendemos que estás de acordo se segues navegando.

18-11-2020


Coren contra Manuel.

Un caso de  SLAPP no agro galego

No eido da súa campaña #falaRural, Greenpeace lanzou o informe “Coren contra Manuel. Un caso de  SLAPP no agro galego” no que denuncia as prácticas ás que o xigante cárnico recorre para silenciar ás persoas críticas co seu modelo de negocio e coa gandería industrial, principal causante da grave e histórica contaminación que sofren os acuíferos da comarca da Limia, en Ourense. 

O caso máis visíbel é o da denuncia por danos e prexuízos que o propio Grupo Coren interpuxo en febreiro deste ano contra o activista ambiental Manuel García, pola que lle esixen un millón de euros por unhas declaracións nas que o agricultor denunciaba a contaminación do encoro das Conchas e sinalaba a Coren entre os responsábeis. 

pdf
Coren contra Manuel. Un caso de  SLAPP no agro galego
Descarga o informe en galego

Comparte!