Sé parte do voluntariado de Greeenpeace!
Dar charlas de concienciación, participar en eventos en plena rúa ou traballar en equipo para protexer o medio ambiente. O voluntariado de Greenpeace é vital para a organización ao achegar as campañas globais a toda a sociedade a través da información, a sensibilización e a mobilización cidadá. Hai moitos xeitos de facer voluntariado con Greenpeace para protexer o planeta (e ademais pasalo ben!).
Faite voluntario/a de Greenpeace!
Seis tipos de voluntariado ambiental
Atopa o teu grupo local máis próximo
Contacta con outras persoas activistas da túa zona e traballa en equipo nas campañas de Greenpeace.
Sensibiliza a sociedade
Conciencia e informa en charlas, carpas ou escolas sobre as solucións que existen para facer fronte á crise climática e de biodiversidade.
Fai incidencia política no teu municipio
Únete á nosa rede de incidentes políticos para facer presión e axuda a gañar campañas.
Participa en eventos públicos
Organiza e participa en feiras, obradoiros ou festivais facer chegar as nosas propostas ao resto da sociedade.
Voluntariado na oficina de Greenpeace
Axuda en tarefas ocasionais que xorden na nosa oficina para labores administrativas, de carpintaría ou para pintar as nosas pancartas.
Forma parte das nosas accións
As accións directas non violentas son parte do ADN de Greenpeace. Protesta de forma directa ante empresas e gobernos a través das nosas formacións.
Non perdas ningunha das nosas actividades!
Queres estar ao día de todas as actividades que podes facer como voluntario/a de Greenpeace? Infórmate na nosa canle de Telegram de todos os xeitos que existen para protexer o medio ambiente con Greenpeace.
Sara
12 anos como voluntaria
“Ser voluntaria de Greenpeace é formar parte dunha gran familia que loita xunta por un futuro mellor”.
Ángel
7 anos como voluntario
“A labor do voluntariado é a base da loita de Greenpeace pola Nai Terra. Somos o seu zume e os seus froitos”.
Laura
8 anos como voluntaria
“Ser voluntaria para min é conectar máis aló, sentirme unida ao noso medio, ser parte activa do cambio que precisamos”.
Contamos contigo!
Se queres achegar o teu grao de area á conservación do medio ambiente doando parte do teu tempo, únete a Greenpeace!
Só tes que te sumar á nosa plataforma Greenwire (tamén en móbiles se procuras GreenAct no teu smartphone), a nosa rede social composta por persoas coma ti que queren actuar por un mundo máis verde e xusto.
Para saberes máis sobre o voluntariado en Greenpeace, infórmate en Greenwire e/ou apúntate ás xuntanzas de benvida que facemos todos os meses. Que che gustaría facer?