Os voluntarios e voluntarias son unha parte moi importante do traballo de Greenpeace. Achegan as nosas campañas globais á cidadanía e traballan por acadar un mundo máis verde e en paz.
Máis de
1000
voluntarios/as
colaboran con Greenpeace por todo o territorio nacional.

33
cidades
teñen grupos de voluntariado.

1
plataforma
para se coordinaren: Greenwire.
Os voluntarios e voluntarias ofrecen o seu tempo, a súa formación e motivación de xeito altruísta e solidario. Apoian a Greenpeace nos seus programas e actúan sobre o terreo. Fano libremente, segundo os principios e valores da organización, traballando nas campañas globais dende o local a través da información, a sensibilización e a mobilización cidadá. Dese xeito, achegan á xente as diferentes maneiras de colaborar e incidir nun futuro mellor.

Descarga a Memoria 2018 da Rede de Voluntariado

user quote
Sara

8 anos como voluntaria

“Ser voluntaria de Greenpeace é formar parte dunha gran familia que loita xunta por un futuro mellor”.

user quote
Ángel

3 anos como voluntario

“O labor do voluntariado é a base da loita de Greenpeace pola Nai Terra. Somos o seu zume e os seus froitos”.

user quote
Laura

4 anos como voluntaria

“Ser voluntaria para min é conectar máis aló, sentirme unida ao noso medio, ser parte activa do cambio que precisamos”.

Ti tamén podes unirte!

Queres achegar o teu grao de area á conservación do medio ambiente doando parte do teu tempo? Faite #VoluntaGP!

Só tes que te unir á plataforma Greenwire, que está composta por persoas que, coma ti, queren actuar por un mundo máis verde e xusto. A través dela poderás unirte a campañas locais, participar en actividades de Greenpeace, aprender como formar o teu propio grupo e liderar proxectos. Que che gustaría facer?

Únete!