Greenpeace anima a reproducir e distribuír todos os materiais, documentos e contidos publicados nesta páxina web. Porén, existen algúns límites para o seu uso, e é importante coñecer as seguintes normas básicas.

Xeral

Os materiais dispoñíbeis en https://es.greenpeace.org/ son de uso gratuíto para fins persoais ou educativos. Se queres capturas de pantalla para utilizalas nun libro de texto ou queres reproducir o texto dun artigo no boletín informativo da túa comunidade, non é preciso preguntar sempre e cando leas e respectes as nosas normas básicas.

Prohíbese expresamente o uso de calquera material de Greenpeace que apareza neste sitio e/ou do nome e do logotipo de Greenpeace, para:

  • beneficio persoal ou dunha empresa, excepto nos casos con permiso expreso como se indica a continuación;
  • propaganda política dun partido ou suxestión de apoio por parte de Greenpeace de calquera candidato a un cargo público;
  • calquera suxestión de apoio por parte de Greenpeace dun produto ou dunha política cando o devandito apoio non se fixer explicitamente por Greenpeace;
  • calquera suxestión de apoio por parte de Greenpeace da violencia ou da destrución da propiedade;
  • calquera persoa que intente suplantar a unha oficina, empregado/a ou voceiro oficial de Greenpeace ou finxa estar recadando fondos ou doazóns para Greenpeace.

Logotipo

O nome e o logotipo “Greenpeace”, igual que o nome “Rainbow Warrior”, son marcas rexistradas internacionalmente polo Greenpeace Council.

O uso do nome e logotipo por parte de calquera persoa unicamente se poderá realizar mediante permiso previo e por escrito de Greenpeace España, condicionando o seu uso exclusivamente ás actividades e/ou eventos oficiais autorizados e a iniciativa da rede de voluntariado de Greenpeace España. En ningún caso poderá usarse o logotipo ou a imaxe de Greenpeace por persoas externas á rede de voluntariado de Greenpeace España ou sen autorización expresa para o seu uso.

Se utilizas o logotipo, inclúe “Marca rexistrada de Stichting Greenpeace Council” nos créditos ou nalgún lugar visíbel da páxina.

A marca comercial segue sendo propiedade exclusiva de Greenpeace, e ao utilizala aceptas que non deberás, de ningunha maneira, rexistrar ou tentar rexistrar ou impugnar a marca comercial.

Artigos e texto

Os artigos e textos producidos por Greenpeace son gratuítos para uso persoal ou educativo. Inclúe unha nota que diga: “Fonte: Greenpeace (https://es.greenpeace.org/)” e reproduce calquera información sobre autor ou copyright proporcionada no orixinal.

Os artigos e textos de terceiros seguen sendo propiedade desas fontes, polo que debe solicitarse permiso á fonte orixinal para o seu uso.

Imaxes e vídeos

Para calquera información sobre o uso de fotografías ou vídeos producidos por Greenpeace España, contacta connosco no seguinte enderezo de correo electrónico: prensa.es@greenpeace.org

  • As imaxes © Greenpeace ou © Greenpeace / Fotógrafo teñen dereitos de autor de Greenpeace e pódense usar de acordo cos termos establecidos a continuación.
  • As imaxes © Fotógrafo / Greenpeace ou © Fotógrafo (incluídas axencias, etc.) poden reproducirse con permiso, que se debe solicitar á fonte orixinal que figura nestas imaxes.

Calquera imaxe que teña dereitos de autor de Greenpeace e que apareza na nosa páxina web pode copiarse libremente para uso persoal, sempre que reproduza a información de copyright na súa totalidade.

Calquera outro uso (tal como o uso de imaxes para beneficio persoal ou empresarial) require permiso, que pode solicitarse no devandito enderezo. O uso comercial de calquera imaxe de Greenpeace sen permiso constituiría unha infracción dos dereitos de autor e podería infrinxir outros dereitos.

As imaxes distribuídas por Greenpeace a periodistas e axencias a través desta web están destinadas para o seu uso nos primeiros catorce días, e arquivar e/ou revender estas imaxes está estritamente prohibido. Despois de catorce días, contacta con Greenpeace no devandito enderezo.