Como denunciar unha agresión ao medio ambiente?


Greenpeace é unha organización de carácter internacional que centra as súas campañas na solución da problemática ambiental a nivel global. Esta forma de traballo centra os recursos de Greenpeace, e, aínda que nos gustaría atendermos as numerosas demandas que nos chegan solicitando a nosa participación a nivel local, non dispoñemos dos recursos e infraestrutura necesarios para actuarmos de xeito eficaz a este nivel.

Pensamos que a participación cidadá é un alicerce fundamental na defensa do medio ambiente; por iso, en Greenpeace elaboramos a guía "Campañas en defensa del medioambiente. Una guía para pasar a la acción".

Tamén podes denunciar a situación da túa localidade ao SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), no número de teléfono 062, ou contactar con organizacións que centran o seu traballo na problemática a nivel local, como Ecoloxistas en Acción.