Como podo colaborar?


Hai moitas formas de seres parte de Greenpeace. Se compartes a nosa filosofía de que é posíbel facer algo polo planeta de maneira concreta e regular, podes unirte a Greenpeace como socio realizando unha doazón mensual para apoiar as nosas campañas a favor do medio ambiente.

Tamén podes converterte en ciberactivista e asinar as nosas peticións, ademais de recibires periodicamente no teu correo información sobre como participar nas nosas campañas, ou colaborares como voluntario, ofrecendo as túas habilidades no tempo do que dispoñas para traballar connosco en favor da nosa causa.

Fai clic aquí para coñecer todas as formas de participar.