Como podo ser voluntario/a de Greenpeace?


Moi doado! Para seres voluntario/a en Greenpeace, só tes que te rexistrar en Greenwire, a nosa plataforma de mobilización cidadá, a través da que a nosa rede de voluntariado se anota a actividades, realiza formación e atopa ferramentas para mellorar a realidade das súas provincias e/ou cidades.

Máis adiante recibirás máis instrucións por parte dun dos nosos Guías e poderás empezar a colaborar máis activamente como #VoluntaGP.

Para seres voluntario/a, só has cumprir tres requisitos básicos: residires en España, seres maior de idade (ou contares con aprobación parental) e teres gana de cambiar o mundo.

Se tes máis dúbidas e queres preguntarnos polo voluntariado en Greenpeace, non dubides en nos escribires a ves@greenpeace.org.

Descubre todo o que podes facer sendo voluntario/a en Greenpeace!