Cal é a postura de Greenpeace sobre a diversidade lingüística?


Greenpeace é plenamente consciente da importancia de defender a diversidade cultural ao tempo que se defende a diversidade ecolóxica.

Actualmente, a web de Greenpeace está dispoñíbel nos catro idiomas que se falan nas distintas comunidades autónomas do Estado: castellano, català, galego e euskera. Problemas de custo, porén, impídennos publicarmos todos os nosos materiais nos catro idiomas tal como desexariamos.

Polo tanto, a nosa práctica ata o momento é a seguinte:

  • Os documentos e outros materiais editados para seren distribuídos simultaneamente en todo o Estado edítanse en castelán.
  • Os documentos e outros materiais dirixidos exclusivamente a unha Comunidade Autónoma son editados de xeito bilingüe: en castelán e no idioma propio da devandita comunidade.
  • Cando por razóns prácticas (volume dun documento, custo de edición, etc) non for viábel publicarmos de xeito bilingüe un documento destinado exclusivamente á súa distribución nunha Comunidade Autónoma, a publicación edítase prioritariamente no idioma propio da mesma.

Cremos que estas prácticas dunha organización de carácter internacional combinan a posibilidade de que todos os socios accedan á información de Greenpeace nun idioma que coñezan ben e, ao tempo, colaboran modestamente á normalización lingüística en cada unha das Comunidades Autónomas, por cuxa riqueza cultural Greenpeace sente un profundo respecto.