Cales son os principais problemas das centrais nucleares?


Crean residuos nucleares perigosos para a saúde e o medio ambiente que tardan centos de años en se degradaren, e os accidentes nucleares arruínan rexións vastísimas.

Os reactores nucleares teñen múltiples ameazas como terremotos, inundacións, fenómenos climatolóxicos extremos ou envellecemento, ademais da propia xestión da industria nuclear e dos accidentes, para os que non estamos preparados.

Ademais, gran parte dos reactores nucleares superan a idade da súa vida de deseño. En Europa, hai 25 reactores con máis de 35 anos de operación. Estamos nunha nova era de risco nuclear.

A enerxía nuclear é contaminante. Produce residuos radioactivos que se manteñen activos durante centos de milleiros de anos, sen que haxa actualmente opcións capaces de demostrar que permanecerán illados, e durante os que hai que almacenalos e xestionalos axeitadamente.

Por iso cremos que é unha obriga ética pechar as nucleares para eliminar estes perigos.