Cantos reactores nucleares hai no mundo?

Hai 31 países que operan plantas de enerxía nuclear. Teñen un total de 403 reactores operativos, excluíndo aqueles que están en situación de parada a longo prazo (LTO). 35 reactores nucleares menos que o máximo de 2002, no que operaban 438. A capacidade total instalada aumentou no último ano en menos do un por cento ata chegar a 351 GW, comparábel cos niveis do ano 2000. A xeración acadou os 2,476 TWh en 2016, aproximadamente un 7 por cento por baixo do máximo histórico de 2006.