É “almidón modificado” un ingrediente transxénico?
"Almidón modificado" fai referencia a unha transformación fisicoquímica sen relación cos transxénicos. Na etiqueta debe levar a mención "modificado xeneticamente" ou "producido a partir de -nome do ingrediente- modificado xeneticamente". Porén, poucas veces atoparemos o etiquetado, porque dende as diferentes administracións non se asume con seriedade este tema.