Podemos vivir sen enerxía nuclear? Hai países que non teñen nucleares?


Si podemos. Só hai 31 países no mundo con nucleares; polo tanto hai máis de 160 países no mundo que non teñen nucleares. A enerxía nuclear aporta unicamente o 4,5 % da enerxía primaria comercial mundial, polo que podemos dicir que xa vivimos case sen enerxía nuclear.

Algúns exemplos como o de Alemaña, cuxo Parlamento decidiu en xuño de 2011 pechar definitivamente todas as súas nucleares antes de 2022. Xapón, tras o accidente de Fukushima, permaneceu con todos os seus reactores apagados dende setembro de 2013, só dous o fixeron en 2013 e só dez en 2012. Italia votou en referendo o seu rexeitamento da enerxía nuclear, igual que Austria, que rexeita a enerxía nuclear na súa Constitución.

Ademais, tal e como demostrou Greenpeace, é posíbel adoptar un modelo enerxético 100 % renovábel e eficiente, que é tecnicamente posíbel, economicamente viábel e sostíbel.