Que podo facer contra o maltrato dos animais?


Aínda que estamos especialmente sensibilizados respecto do maltrato cara aos animais, polas características do traballo da organización non nos centramos de maneira específica nin nos dereitos destes nin na protección e o coidado de animais abandonados ou enfermos.

Dende aquí queremos expresar a nosa solidariedade con todas aquelas asociacións que se dedican a esta tarefa.

A continuación indicámosche algunhas delas coas que podes contactar:

  • ADDA (Asociación de Defensa de los Animales)
  • ANAA (Asociación Nacional de los Amigos de los Animales)
  • AnimaNaturalis. Organización internacional para a defensa dos dereitos de todos os animais.
  • Asociación El Refugio. Denuncian o abandono e maltrato aos animais, promoven a súa defensa e xestionan un Centro de Adopción.
  • Igualdad Animal traballan en Educación, Investigación e Denuncia e Rescate de animais.