Que significa ser socio/a de Greenpeace?


Ser socio/a de Greenpeace significa contribuír de maneira esencial á existencia da organización e á súa capacidade de levar a cabo campañas de investigación e denuncia para defender o medio ambiente e a paz. Os socios e socias garanten a independencia de Greenpeace, posto que as súas cotas constitúen a nosa única fonte de financiación. Ademais, os socios e socias representan a forza social da organización no noso traballo fronte a gobernos e empresas.

Os socios e socias poden presentarse ao Consello da asociación, así como escoller aos seus membros. Tamén reciben información puntual da marcha da organización, e invítaselles a participar de xeito habitual en campañas ou eventos.

Fai clic aquí para saber máis sobre os nosos socios e socias.

Fai clic aquí para saber máis sobre como nos organizamos.