A tecnoloxía é unha das ferramentas máis potentes que temos, e podemos aproveitar a innovación tecnolóxica para superarmos os meirandes retos cos que se enfronta a Terra. Pero, desafortunadamente, o modelo de negocio que empregan a meirande parte das empresas tecnolóxicas non é nada innovador, e por iso temos aparellos pouco duradeiros e difíciles de reparar.

#1
Aguanta cos teus dispositivos electrónicos o meirande tempo posíbel

 

#2
Se hai un fallo, descubre se pode arranxarse e o custo que supón

 

#3
Merca produtos de segunda man renovados con garantía para alongares a súa vida

 

#4
Apoia as empresas que fabrican produtos respectuosos

Se pretendes mercar un produto, procura que sexa duradeiro. Revisa o ránking de reparabilidade e a guía verde de electrónicos que elaboramos cos últimos smartphones, ordenadores portátiles e tabletas no mercado.

#5
Pensa dúas veces antes de mercares un novo aparello

Precísalo realmente? O que tes xa non serve? O que vas gañar co novo aparello xustifica que refugues o que tes agora?

#6
Devolve o teu vello aparello ao fabricante

Non o botes ao lixo nin o abandones na rúa!

#7
As túas apps favoritas funcionan con enerxías renovábeis ou con combustíbeis fósiles?

Descúbreo coa Guía de Greenpeace Click Clean.